Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Únete á mobilización e reclama o dereito ó voto para todas as persoas!

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Únete á mobilización e reclama o dereito ó voto para todas as persoas!

8 Xuño, 2016

» Únete á mobilización e reclama o dereito ó voto para todas as persoas!

O próximo 17 de xuño terá lugar en Madrid un acto de mobilización que o CERMI estatal organizou para reivindicar o dereito ó voto para as máis de 80.000 persoas que no noso país teñen negado este dereito fundamental. O motivo que lles impedirá votar nas próximas Eleccións Xerais  do 26 de xuño é que todas elas contan cunha sentenza xudicial de incapacidade total, algo que sucede con certa frecuencia en familias que contan cunha persoa con discapacidade intelectual. Unha sentenza que lles afasta do dereito ó voto polo simple motivo de que a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREG) non foi modificada, tal e como levamos anos solicitando as organizacións de discapacidade, de acordo ó que reflicte a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e a propia ONU. Sería tan sinxelo como eliminar da devandita lei o artigo 3.2, que obriga ó xuíz a valorar a capacidade da persoa ó sufraxio ante unha sentenza de incapacitación xurídica. Neste acto, que se celebrará ás 11.00h. na Praza da Cortes da capital española, emitiranse declaracións de persoas con discapacidade que non poden votar, e convocarase aos medios de comunicación e a representantes de partidos políticos. Queremos animar a todas as persoas concienciadas contra esta vulneración a que se sumen á mobilización e participen, exercendo simbólicamente o seu dereito ao voto ante unha urna e mesa electoral que haberá preparadas alí, como símbolo de apoio a esas 80.000 persoas que teñen negado o seu dereito ao sufraxio. España desatende á ONU A propia Convención de Nacións Unidas obriga a España a modificar a lei baixo a premisa de que ningunha persoa por razóns de discapacidade pode ser privada deste dereito fundamental. E é que en 2011 a ONU examinou a España para comprobar o nivel de adaptación de máis de 90 normativas do noso país á Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Foi entón cando Nacións Unidas advertiu ao Goberno de que non fixera os deberes en materia electoral ao non modificar a Lei. Recuperar o dereito ó voto Existen métodos para que as persoas con discapacidade recuperen o dereito a sufraxio que se lles arrebatou por sentenza xudicial de incapacitación. Para axudar a que o logren, Down Galicia recomenda o documento “Tes dereito a votar, que ninguén cho quite”; unha guía en Lectura Fácil editada polo CERMI que detalla os pasos para dar para recobralo e gozar así dun dereito fundamental que asiste a calquera ser humano. De todos os xeitos, Down Galicia e Down España lembran que a recomendación das organizacións ás familias é que non opten pola incapacitación xurídica, pois contravén o espírito da Convención. No caso de que sexa absolutamente necesario, o recomendable é que acudan primeiro a un fiscal especializado en discapacidade que corresponda á xurisdición da súa cidade ou provincia, para que poida analizar o caso, orientarlles e propoñer o procedemento máis axeitado. FOTO: Down Compostela  

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}