Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Denominación de Orixe Ribeiro colabora con Down Ourense a través dun ciclo de catas

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Denominación de Orixe Ribeiro colabora con Down Ourense a través dun ciclo de catas

21 Outubro, 2016

» A Denominación de Orixe Ribeiro colabora con Down Ourense a través dun ciclo de catas

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acollerá a terceira edición de “Cata a arte”, na que todos os xoves, entre o 27 de outubro e o 1 de decembro, se celebrarán presentacións e degustacións de viños de seis adegas do C.R.D.O. Ribeiro, con accións culturais paralelas. Así o informaron na presentación desta mañá o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, Francisco González; o presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Felicísimo Pereira; a presidenta da asociación síndrome Down Ourense, Mª del Mar Prieto; e a pianista e compositora, María Mendoza. Esta celebración terá un carácter solidario posto que, tal e como explicou Francisco González, “os donativos recadados con esta actividade irán integramente destinados a favor da asociación síndrome Down Ourense”.

O vicepresidente da Deputación de Ourense destacou que o Centro Cultural “Marcos Valcárcel” é “unha porta aberta á pluralidade, na que hoxe destaca esta iniciativa tan nobre, que mestura produtos ourensáns, por un lado os viños do Ribeiro, e por outro, a cultura e a arte que nos achega o Centro Cultural e os artistas participantes, todo elo cun marcado carácter solidario”.

“A filosofía desta iniciativa é sinxela e ao mesmo tempo moi gratificante, porque nela mesturamos un produto de calidade como é o viño do Ribeiro, con outros produtos de calidade no eido cultural, catas que se fan en salas de exposicións e que se complementan cunha actividade cultural. Van a realizarse os xoves, a partir do 27 de outubro ás 20.00 horas, no Centro Cultural”, explicou Francisco González, que asegurou que a media de asistentes por cata “é de 100 persoas”.

Felicísimo Pereira dixo que esta iniciativa “ten un elemento máis que é o de axudar a unha asociación e nesta terceira edición participarán seis adegas que van a presentar os seus viños con música, artes escénicas e poesía”. Pola súa parte, Mª del Mar Prieto, agradeceu o apoio á asociación, xa que a recadación obtida durante este ciclo será destinada “aos programas de Down Ourense, que leva a cabo desde hai máis de 10 anos, e que benefician actualmente a 56 persoas e as súas familias”. A asociación ten como filosofía o apoio a servizos que potencien a autonomía e independencia das persoas coa síndrome de Down, dentro dun entorno normalizado.

A programación comeza o vindeiro xoves, 27 de outubro, cata que correrá a cargo da Bodega Alanis e amenizada coa música de María Mendoza, quen adiantou que presentará o seu disco INTRO, inspirado nas Cantigas de Amigo de Martín Codax, e temas tradicionais da zona de Ourense. O día 3 de novembro, a adega participante será Viña da Cal coa poesía escénica de Lucía Aldao. O día 10 de novembro será a quenda das artes escénicas, coas bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas, e a bodega Quinta do Rebolo. O xoves, 17 de novembro, a bodega participante será Pazo Casanova, amenizado coa música de jazz de Alex Salgueiro e Virxilio da Silva. Ao seguinte xoves, o día 24 de novembro celebrarase a cata  coas Bodegas Cunqueiro e coa música de Pablo Seoane & Jose Manuel Díaz. Por último, o día 1 de decembro, os viños serán das Adegas Nairoa coa actuación de Blues do país.

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Mozos e mozas de Down Ourense e Down Vigo fórmanse nun título propio da Universidade de Vigo
1 Decembro, 2022
Down Ourense presenta o seu calendario solidario 2023
3 Novembro, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
Down Ourense conmemora o Día Mundial da síndrome de Down nas rúas da cidade
22 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}