Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

“Risoterapia” para presentar unha nova edición do programa de prácticas formativas de Down Galicia e BBVA

Traballamos

Medramos

Aprendemos

“Risoterapia” para presentar unha nova edición do programa de prácticas formativas de Down Galicia e BBVA

30 Maio, 2017

» “Risoterapia” para presentar unha nova edición do programa de prácticas formativas de Down Galicia e BBVA

A sede de Down Galicia en Santiago de Compostela foi hoxe escenario dunha xornada de sorrisos. Mozos e mozas de Down Galicia e empregados de BBVA gozaron dun taller de risoterapia no que compartiron divertidos momentos e co que se presentou unha nova edición do programa de prácticas formativas impulsado pola entidade bancaria.

Este programa, pioneiro en España, ten por obxectivo promocionar a inclusión socio-laboral das persoas participantes, a través na realización de prácticas formativas en oficinas galegas da entidade bancaria. Enmarcado no programa “Emprego con Apoio”, os mozos e mozas participantes adquirirán unha experiencia laboral que lles axudará no proceso de procura de emprego, ademais de mellorar as súas habilidades sociais para a súa integración en diferentes equipos de traballo.

O Presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, resaltou a importancia das oportunidades laborais para as persoas coa síndrome de Down e a transcendencia deste tipo de iniciativas. “O principal valor deste programa reside na visibilidade que outorga ás persoas que participan no mesmo, posto que poderán ser percibidas polo público, os clientes do banco, e os compañeiros e compañeiras de oficina, como persoas útiles e capaces”.

Pola súa banda, Yolanda Martínez-Bajo, directora da Territorial Noroeste de BBVA destacou tras o taller que “o sentido do humor fai que a nosa mente estea continuamente en funcionamento, fainos ser máis creativos, máis innovadores  e mirar ao futuro con ilusión”. “Os máis de 70 mozos e mozas galegos coa síndrome de Down que pasaron polas nosas oficinas desde o 2012, demostráronnos o poder do seu sorriso. Nun contexto como o actual, todos sabemos o complicado que é alcanzar metas. Pero quen mantén a ilusión e persegue os seus soños, é capaz de conseguilo”, engadiu.

Para pechar a quenda de intervencións, Iria Curra, usuaria de Down Galicia e participante neste programa de prácticas, agradeceu en nome dos seus compañeiros e compañeiras “as prácticas en BBVA, xa que puidemos aprender moitas cousas”. Destacou o compañeirismo co que se están atopando nas oficinas, xa que “todos os compañeiros e compañeiras de traballo están a portarse moi ben connosco e estannos ensinando a facer as tarefas” e pechou o seu discurso cun reivindicativo “Grazas por deixarnos amosar as nosas capacidades”.

O sorriso é un idioma universal, e valores como a empatía, a colaboración ou o respecto están vinculados a ela. Nesta xornada amenizada por un taller de risoterapia entregáronse os diplomas aos participantes do 2016 e recibiuse aos mozos e mozas que este ano realizarán as prácticas formativas.

 

Programa de prácticas formativas en Galicia

Desde 2012, máis de 70 mozos e mozas beneficiáronse deste programa promovido pola Oficina de Voluntarios de BBVA. Agora, a iniciativa repítese en Galicia  un ano máis co obxectivo de obter en 2017 tan bos resultados como os xerados nas súas anteriores edicións.

Ao longo deste ano, os 16 mozos e mozas participantes de Down Galicia traballarán, na maior parte dos casos, en sesións de catro horas diarias durante un período dun mes cada un en actividades administrativas: arquivar e destruír documentos, fotocopiar expedientes e documentacións diversas, ordenar fichas de firmas, arquivar contratos e documentación xerada no día e tratar recibos, entre outras funcións.

A experiencia adquirida grazas a este programa favoreceralles nas súas posibilidades de inserción laboral posterior. As prácticas desenvolveranse en 11 oficinas de BBVA de Galicia, onde a entidade bancaria espera xerar unha experiencia moi positiva e de gran valor non só para os mozos participantes, senón tamén para os empregados do Banco.

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico do incremento do gasto de persoal nas súas entidades polo convenio colectivo de aplicación
13 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}