DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

As probas para a obtención do Celga, máis accesibles para as persoas con discapacidade intelectual

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» As probas para a obtención do Celga, máis accesibles para as persoas con discapacidade intelectual

Máis de 250 persoas participaron o pasado domingo nas probas para a obtención dos certificados Celga 2 que se celebraron na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela. Estas certificacións, dependentes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, permiten acreditar o coñecemento que unha persoa ten do galego a efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.

Nesta edición, estas probas de certificación foron máis accesibles que en anos anteriores grazas ás achegas da Federación Down Galicia. Deste xeito, as persoas participantes con discapacidade intelectual puideron solicitar antes da realización das mesmas, unha serie de adaptacións para facilitarlles o proceso. No caso concreto da Federación, unha decena de persoas das entidades Down da provincia de Pontevedra puideron beneficiarse das medidas propostas por Down Galicia.

Se ben é certo que este tipo de adaptacións xa se teñen realizado en outros procesos selectivos, aínda non se levaran nunca a cabo nas probas do Celga. Por este motivo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística contactou coa Federación Down Galicia e iniciou así un proceso de coordinación para chegar a un acordo que puidese facilitar ás persoas con discapacidade intelectual a realización das probas.

A importancia das adaptacións nos procesos selectivos

Está comprobado que cada persoa ten unhas capacidades diferentes e algunhas delas están máis desenvolvidas que outras. A comprensión é unha de estas capacidades e pode estar limitada por diversas circunstancias.

As adaptacións son axustes ou modificacións que se levan a cabo en diferentes elementos coa fin de responder ás necesidades de comprensión dunha persoa.

No caso dos procesos selectivos, son necesarias as adaptacións de tempos e de materiais para facilitar a comprensión e a realización das probas a aquelas persoas con discapacidade intelectual que o precisen.

Así, de entre as adaptacións realizadas para as certificacións da proba do Celga 2 destacan a redacción da proba escrita coa técnica da lectura fácil e a ampliación do tempo para a realización das mesmas.

Que é a lectura fácil?

A lectura fácil é a metodoloxía que se utiliza para facilitar o acceso á información a todas aquelas persoas que teñen unha capacidade de comprensión lectora máis baixa. Trátase de redactar a información con frases sinxelas, curtas e directas. Non se trata de eliminar información senón de facela máis comprensible.

A adaptación dun texto a lectura fácil permite, como neste caso, que unha persoa con discapacidade intelectual entenda mellor os contidos e os exames dunha proba de avaliación de coñecementos. Isto non quere dicir que se lle pregunten contidos máis fáciles, senón que se lle pregunte o mesmo que a calquera outra persoa pero formulado de xeito máis sinxelo e concreto.

É necesario un maior impulso e concienciación sobre o uso da lectura fácil para avanzar de xeito real cara a unha sociedade inclusiva, posto que unha sociedade inclusiva de verdade deber facilitar que todos os seus membros poidan acceder a todas as áreas de coñecemento e participación.

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Down Vigo participa no Campus Oportunidades para a Inclusión 2021 de Down España
5 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade