Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Fundación Once continúa apoiando a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Fundación Once continúa apoiando a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

26 Xuño, 2017

» Fundación Once continúa apoiando a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

A Fundación Once para a cooperación e inclusión social de persoas con discapacidade continúa apoiando o proxecto de “Emprego con Apoio” que Down Galicia, en colaboración coas súas entidades membro, leva a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia. Desta forma, persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual contan cunha serie de apoios encamiñados a conseguir a súa inclusión no mercado laboral ordinario.

En virtude desta achega, que neste período 2015-2016 elévase ós 7.280€, un total de 30 persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual contaron con apoios para a  procura activa de emprego, mentres que outras 44 persoas tivéronos en materia de mantemento do posto de traballo que ocupan en empresas ordinarias.

Das 74 persoas participantes neste proxecto, 9 delas asinaron 10 convenios de prácticas, polo que unha persoa contou con dúas oportunidades formativas. En canto ás contratacións, 21 persoas asinaron un total de 29 contratos, incluíndo unha prórroga. A totalidade destas contratacións son temporais e a tempo parcial, o que dificulta a consecución dunha estabilidade laboral e un proxecto de vida.

Ademais, durante este período, contactáronse un total de 297 empresas de toda Galicia co obxectivo de lograr unha oportunidade laboral para algunha das 30 persoas destinatarias deste proxecto en fase de procura de emprego, pero tamén para conseguir a continuidade no posto dalgunhas das 44 persoas usuarias en fase de mantemento.

Este proxecto levouse a cabo practicamente en toda a xeografía galega, especialmente nas capitais de provincia e nas súas cidades máis importantes, aínda que tamén noutros concellos aos que pertencen as persoas participantes no mesmo como Vedra, Narón, Baiona, Ponteareas, Redondela ou Mos.

Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa “Emprego con Apoio”, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual atopan á hora de tentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción sociolaboral e asegurar a súa correcta incorporación ó posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de maneira positiva e natural.

Paralelamente, as entidades Down realizan un labor de prospección laboral co fin de dar a coñecer esta iniciativa entre o tecido empresarial e conseguir a súa colaboración por medio de contratos e/ou prácticas laborais. Neste sentido, a participación e a cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de maneira eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se lles atribúen a este colectivo, resultando unha maneira sumamente eficaz de inclusión social.

Entradas relacionadas

Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Noela Avendaño consolida a súa praza de funcionaria no Concello de Vigo
28 Decembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}