Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Mozos e mozas de Xuntos conseguen dous premios no concurso de curtas D-medo do Concello de Barro

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Mozos e mozas de Xuntos conseguen dous premios no concurso de curtas D-medo do Concello de Barro

15 Novembro, 2017

» Mozos e mozas de Xuntos conseguen dous premios no concurso de curtas D-medo do Concello de Barro

Un asasinato e un malvado pallaso son os eixos centrais de “Amizades perigosas” e “Cóxegas malditas”, dúas curtametraxes realizadas por mozos e mozas de Down Pontevedra “Xuntos” coas que conseguiron o 3º e o 5º premio, respectivamente, no certame D-medo organizado polo Concello de Barro.

Artellados nun pequeno grupo, os membros de Xuntos idearon dous guións orixinais do xénero do terror, secuenciaron as escenas, escolleron o vestiario, seleccionaron a música e planificaron a gravación na cidade do Lérez. Trala edición e a montaxe, na que contaron coa colaboración dos profesionais da entidade, o resultado conseguido foi todo un éxito.

A continuación deixámosvos as curtas para que xulguedes por vós mesmos.

 

Con este tipo de actividades trabállanse contidos máis transversais e póñense en práctica materias do eido da comunicación e da lectoescritura que habitúan a ser máis teóricas.

Este concurso, un clásico das noites de Samaín no municipio barrense, tiña como obxectivos explorar e dar a coñecer a creatividade audiovisual, fomentar o traballo en equipo e descubrir novos campos para ocupar o tempo libre, entre outros.

As pezas presentadas, todas ambientadas na noite de Defuntos e dun máximo de 3 minutos, foron proxectadas na noite do 31 de outubro no Pazo da Crega e valoradas por un xurado experto formado por Lucía Estévez, Alejandra Sotelo e Diana López Varela. Estévez é guionista, directora e xurado no Festival Internacional de Cinema (OUFF). Sotelo é montadora de programas na TVG e Varela é guionista na TVG, escritora e xornalista.

Os premios acadados polos integrantes de Xuntos, consistiron en varios pases para as Termas de Cuntis e unha cea no restaurante “A Muiñada da Barosa”.

Noraboa!

Entradas relacionadas

Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
27 Decembro, 2022
A curta “Felisa e Manolo”, creada por membros de Xuntos, acada o primeiro premio do concurso “Curtas D-Medo” do Concello de Barro
9 Novembro, 2022
Mozos e mozas de Xuntos retoman o seu voluntariado na protectora Os Palleiros tralo parón pola COVID
16 Xuño, 2022
Xuntos invita á sociedade pontevedresa a sacar fotos pola inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
A Deputación de Pontevedra colabora de novo na inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2022
Xuntos continúa coa súa aposta polo deporte inclusivo coa sinatura de tres convenios de colaboración
11 Xaneiro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}