Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A ONU evidencia que España viola “sistematicamente” o dereito á educación das persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A ONU evidencia que España viola “sistematicamente” o dereito á educación das persoas con discapacidade

31 Maio, 2018

» A ONU evidencia que España viola “sistematicamente” o dereito á educación das persoas con discapacidade

Nacións Unidas acaba de poñer en dúbida o sistema educativo español, ao que acusa de  segregador e do que di que viola sistematicamente o dereito á educación do alumnado con discapacidade. Nun informe publicado esta semana en Xenebra, a organización expón que “a segregación e exclusión de España dos e das estudantes con discapacidades da educación xeral, pola súa discapacidade, equivale a violacións graves ou sistemáticas do dereito á educación deses estudantes en virtude da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade”.

“O sistema educativo paralelo establecido para aquelas persoas estudantes con discapacidades que non encaixan nas escolas xerais convértese en traxectorias paralelas da vida escolar, o emprego e máis tarde a residencia, o que leva a resultados de vida moi diferentes”, dixo a Sra.  Theresia  Degener, Presidenta do Comité da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade.

O comunicado é resultado dunha investigación realizada entre o 30 de xaneiro e o 10 de febreiro de 2017, na que expertos designados polo Comité entrevistaron a máis de 165 persoas, incluídos funcionarios do Goberno e das 17 comunidades autónomas, representantes de organizacións de persoas con discapacidade e outras organizacións da sociedade civil.

Down Galicia considera urxente a reforma da lexislación educativa e a implantación dun sistema que respecte o principio de educación inclusiva, baseado na igualdade de oportunidades e que non discrimine ás persoas por razón da súa discapacidade. A Federación leva desde hai anos poñendo de manifesto que o sistema educativo español é discriminatorio coas persoas coa síndrome de Down e vulnera o establecido no artigo 24 da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

O dereito a unha educación inclusiva está avalado pola Convención Internacional da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que no seu artigo 24 recoñece que “os Estados asegurarán un sistema de educación inclusivo a todos os niveis para as persoas con discapacidade”. Esta Convención foi ratificada en 2008 e aprobada por unanimidade polo noso Parlamento e é de obrigado cumprimento en España ao ter rango de tratado xurídico internacional de Dereitos Humanos.

Entradas relacionadas

Down Lugo e CPR Inmaculada Maristas de Lugo apostan pola inclusión educativa
28 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Down Galicia renova o seu Punto Virtual de Educación para apoiar ao profesorado na construción dunha escola máis inclusiva
15 Novembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}