Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Jacobo Rey, mozo coa síndrome de Down, comeza a súa carreira como funcionario público

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Jacobo Rey, mozo coa síndrome de Down, comeza a súa carreira como funcionario público

4 Xuño, 2018

» Jacobo Rey, mozo coa síndrome de Down, comeza a súa carreira como funcionario público

Jacobo Rey González, un mozo coa síndrome de Down de Ourense, asinou esta mañá o contrato que o converte en funcionario da Xunta de Galicia. Nunhas semanas comezará a súa andaina como ordenanza na xefatura territorial que a Consellería de Medio Rural ten na cidade de Ourense.

Nun acto presidido polo Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, as seis persoas que acadaron as prazas ofertadas pola Xunta de Galicia, reservadas en exclusiva para persoas con discapacidade intelectual, tomaron posesión das mesmas tras presentar a documentación requirida e elixir a praza desexada.

Jacobo comezou a prepararse en xaneiro de 2015 e o de ordenanza era o segundo proceso selectivo ao que se presentaba. Durante meses, coa constancia por bandeira, Jacobo dedicou moitas horas do seu día a día ao estudo desta oposición.

Antes de saber que fora merecedor dunha das prazas de ordenanza da Xunta, xa estaba a preparar o seu seguinte proceso selectivo, que compatibilizaba co desempeño dun traballo tamén como ordenanza. “Traballaba pola mañá e estudiaba pola tarde as seguintes oposicións, á Administración central”, comenta Jacobo. Agora ve o seu soño feito realidade.

No acto, que tivo lugar na sede da Xunta de Galicia en San Caetano, tamén participaron o Director Xeral de Función Pública, José María Barreiro Díaz; a Subdirectora Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal, Raquel Souto García; e a Subdirectora Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal, Ana María Tovar Bobo.

Na súa intervención, Valeriano Martínez quixo felicitar aos novos funcionarios e funcionarias, salientar o seu esforzo e dedicación e animalos a seguir formándose  para progresar no seu camiño pola función pública.

O acceso ó emprego público para as persoas con discapacidade intelectual en xeral, e coa síndrome de Down, en particular, é unha das reivindicacións históricas da Federación Down Galicia.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}