DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Doce persoas usuarias de entidades Down de Galicia realizarán prácticas en dependencias da Xunta este 2019

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Doce persoas usuarias de entidades Down de Galicia realizarán prácticas en dependencias da Xunta este 2019

© Xunta de Galicia

Grazas aos convenios asinados entre a Consellería de Política Social e a Fundación Down Compostela, a Asociación Down Lugo e a Asociación Teima Down Ferrol, doce mozos e mozas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais realizarán prácticas laborais en centros e servizos da Xunta de Galicia durante o ano 2019.

Segundo Fabiola García, conselleira de Política Social, estes acordos, asinados o pasado venres en San Caetano, teñen como finalidade “darlle ás persoas con discapacidade a oportunidade que merecen para amosar a súa valía no ámbito social e profesional”.

Esta é a terceira vez que a Consellería abre as portas a persoas coa síndrome de Down para que completen a súa formación en dependencias da Administración autonómica. O primeiro convenio foi asinado en 2016 coa Fundación Down Compostela e, grazas a el, tres persoas puideron facer prácticas nas dependencias administrativas de San Caetano. Posteriormente, no ano 2018, este convenio estendeuse a Ferrol e Lugo.

Das 12 persoas que participarán este ano nesta iniciativa, oito traballarán na residencia de maiores de Caranza en Ferrol, dúas o farán na residencia A Milagrosa de Lugo e nun equipo de valoración da discapacidade e outras dúas prestarán servizo no complexo de San Caetano, en Santiago de Compostela. A duración das prácticas das 12 persoas seleccionadas polas tres entidades Down para este programa será de 20 horas semanais como máximo, e a súa incorporación será paulatina ao longo da duración dos acordos, que estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2019.

A Consellería de Política Social destina 60.000 euros a esta iniciativa, 20.000 euros para cada unha das entidades, que se destinarán a dotar dunha beca de prácticas a cada participante e a sufragar parte dos gastos dos e das preparadoras laborais que as acompañarán durante este período de formación.

Fabiola García explicou que o obxectivo é dotar aos participantes das competencias e aptitudes necesarias para facilitar e mellorar a súa integración no mercado laboral, o que ademais de ser útil para estas persoas tamén “será enriquecedor para todas e todos os que teñamos o privilexio de traballar con elas”. Ademais, puxo en valor a capacidade das persoas coa síndrome de Down para superar obstáculos e romper prexuízos, xa que “ante as adversidades demostran esforzo e constancia, e cando lles damos unha oportunidade demostran ser capaces de facer todo o que se propoñen”, afirmou.

Entradas relacionadas
Down Lugo adapta as súas xornadas de ocio organizando quedadas online
10 Febreiro, 2021
Down Vigo participa no Campus Oportunidades para a Inclusión 2021 de Down España
5 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
23 Decembro, 2020
“Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
22 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade