Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Arume volve confiar na metodoloxía de Emprego Con Apoio de Xuntos para unha nova inserción

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Arume volve confiar na metodoloxía de Emprego Con Apoio de Xuntos para unha nova inserción

4 Novembro, 2019

» Arume volve confiar na metodoloxía de Emprego Con Apoio de Xuntos para unha nova inserción

A confianza empresarial no programa de Emprego Con Apoio (ECA) de Down Pontevedra “Xuntos” para persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais segue crecendo na comarca da cidade. Arume, empresa de restauración que presta os servizos de comedor escolar nos colexios públicos de Pontevedra, vén de realizar en outubro unha nova inserción entre os membros da asociación contando co talento de Cecilia De Los Santos.

A moza pontevedresa uniuse ao equipo de comedor do CEIP Manuel Vidal Portela, onde realiza funcións de monitora todos os mediodías de luns a venres. Cecilia é a terceira usuaria do programa ECA de “Xuntos” que é contratada por Arume, xa que anteriormente a empresa confiou en Diego Touriño, que traballou hai dous anos durante todo o período escolar no mesmo centro, e en Víctor Vázquez, que leva empregado desde 2016, asinando o pasado mes de marzo un contrato indefinido con esta.

Cecilia, que se mostra moi motivada no seu novo emprego, “adaptouse desde o primeiro momento a un traballo que require moita axilidade, atención e organización das tarefas, ademais cabe destacar a súa boa actitude e predisposición, sempre chega ao seu posto cun sorriso, que o equipo de traballo agradece”, afirma Ángela Patricio, preparadora laboral de Xuntos, cuxa función é apoiar á traballadora durante a súa adaptación ao posto. “Encántame esta moza, traballa moi ben e integrouse enseguida connosco, é moi sociable”, apunta Patricia, a súa compañeira de traballo no comedor.

Capacidade para o pluriempleo e a formación continua

Cecilia compaxina desde a súa incorporación a Arume o seu novo emprego co seu posto no Coworking Espazo Arroelo de Pontevedra, onde desempeña as funcións de ordenanza desde 2016. O seu bo desempeño e continuidade valeulle para asinar nos últimos días o seu contrato indefinido con esta empresa. “Cecilia cambiou a nosa forma de ver a organización e grazas a ela temos unha perspectiva moito maior á hora de traballar en equipo. Nós non nos vemos na empresa sen ela, é unha peza esencial para que toda a engrenaxe organizativa funcione”, explica a xerente do coworking, África Rodríguez.

Ademais de poder compatibilizar ambos os empregos, Cecilia é unha persoa proactiva, que segue formándose a pesar da súa situación de pluriemprego. A moza prepara actualmente oposicións e séguese formando en “Xuntos” para acadar unha autonomía plena e inclusiva.

Programa Emprego Con Apoio (ECA)

Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa Emprego Con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de tentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de maneira positiva e natural.

Cada vez é máis habitual que novos sectores profesionais abran as súas portas á inserción laboral de persoas con discapacidade, o que é un claro sinal de que a nosa sociedade vai avanzando aos poucos cara a un verdadeiro modelo de sociedade inclusiva.

Entradas relacionadas

Teima e a Deputación da Coruña asinan un convenio de colaboración para apoiar economicamente o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego da entidade
30 Agosto, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Ourense traballan como azafatos e azafatas no evento polo 50 aniversario de Galfor
28 Xuño, 2023
Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual
21 Xuño, 2023
Cafés Candelas contrata de xeito indefinido a un mozo de Lugo con discapacidade intelectual
31 Maio, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}