Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia e Clece alíanse para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e Clece alíanse para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

4 Febreiro, 2020

» Down Galicia e Clece alíanse para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

A Federación Down Galicia ven de asinar un convenio de colaboración coa compañía multiservizos Clece S.A. Este convenio, presentado hoxe nun acto en Santiago de Compostela, enmárcase dentro da área de emprego de Down Galicia, que ten por obxectivo fomentar a inclusión no mercado laboral ordinario das persoas usuarias das entidades Down na comunidade.

O acordo consta da realización de distintas accións que promovan a inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais a través da sensibilización das persoas traballadoras de Clece e das súas filiais. Desta forma, minimizaranse as diferentes barreiras coas que se atopa o colectivo no proceso de busca de emprego.

Dentro das accións propostas, destacan as campañas de difusión e sensibilización, a colaboración en eventos de contido social, a participación no portal Inclusión&Empleo e a comunicación, difusión e publicidade de colaboracións sociais.

Clece expresa ademais a súa vontade de promover e adoptar, en colaboración coa Federación Down Galicia, outros mecanismos que contribúan a fomentar a inserción laboral e o benestar das persoas en situación de vulnerabilidade, de maneira que se poidan alcanzar sucesivos acordos nesta materia.

No acto de esta mañá, Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, salientou “a necesidade de contar co apoio do tecido empresarial galego, pois é crucial para que o futuro da nosa sociedade estea baseado na igualdade, a equidade e a inclusión de todas as persoas”. Prieto aproveitou a súa intervención para convidar “a todos os empresarios e empresarias a descubrir o moito que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais teñen que ofrecer”.

Por parte de Clece, Flavia González, responsable de Selección de Persoal e Inserción, resaltou que “con este convenio trátase de impulsar a colaboración para o fomento do emprego con apoio que tan bos resultados nos deu noutros lugares de España” e indicou que “a intención por parte da empresa é seguir acollendo a todos os colectivos e, con este en concreto, tivemos moi boas experiencias nas prácticas non laborais en Vigo”.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}