Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Coruña gaña un dos premios de BBVA Asset Management

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Coruña gaña un dos premios de BBVA Asset Management

28 Outubro, 2020

» Down Coruña gaña un dos premios de BBVA Asset Management

O proxecto “Crecendo en familia” da asociación Down Coruña vén de conseguir un dos 27 premios da segunda convocatoria lanzada pola xestora de fondos BBVA Asset Management.

Esta iniciativa, premiada con 37.000 €, ten como obxectivo principal brindar apoio e información a pais e nais que acaban de ter un fillo ou filla coa síndrome de Down, pero tamén busca dar soporte ás 108 persoas usuarias da entidade e ás súas familias.

“Crecendo en familia” conta con servizos de atención mediante espazos de escoita, grupos de pais e nais expertos, a difusión do servizo en hospitais ou a supervisión e axeitado seguimento do Plan Nacional de Saúde para Persoas coa síndrome de Down.

A entrega do galardón tivo lugar a semana pasada nun acto telemático no que participaron Yolanda Martínez-Bajo, directora territorial de BBVA na zona noroeste; David Carrasco, director comercial e de marketing de BBVA Asset Management; Ricardo Santos Rodríguez, presidente de Down Coruña; e José Rodríguez Díaz, xerente da asociación.

Santos agradeceu o recoñecemento e resaltou a importancia de que nun momento como o actual “as persoas con discapacidade non queden descolgadas”.

 

Vegalsa-Eroski dona máscaras de protección á asociación

O grupo Vegalsa-Eroski, líder no sector da distribución en Galicia, fixo entrega hai uns días a Down Coruña de 150 máscaras da marca MOxAdTech, que serán repartidas entre as persoas usuarias da entidade.

Estas máscaras textís están avaladas polo Centro Tecnolóxico CITEVE e contan coa certificación OEKO-TEX, que demostra a ausencia de produtos químicos nocivos durante o proceso de fabricación, ademais de garantir protección respiratoria ante partículas externas.

Entradas relacionadas

Teima e Down Coruña galardoadas cos Premios Boas Prácticas da Deputación da Coruña
10 Marzo, 2023
Á venda o calendario solidario de Down Coruña 2023
29 Decembro, 2022
O Quiosco de Down Experience únese a Just Eat para servir os seus produtos a domicilio
30 Agosto, 2022
Down Coruña acredita de novo a súa transparencia e boas prácticas e revalida o selo da Fundación Lealtad
17 Agosto, 2022
Vegalsa-Eroski e Down Coruña levan a cabo unha limpeza conxunta na praia de Sabón
21 Xullo, 2022
Down Coruña sensibiliza sobre medio ambiente no CEIP Alborada
13 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}