Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos

24 Febreiro, 2021

» Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos

Unha vez máis, desde Down España e Down Galicia, dirixímonos ás persoas responsables de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para esixir a inclusión explícita na Estratexia de vacinación das persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos, pois, tal e como xa demostraron varios estudos científicos, o seu risco ante a COVID-19 é moi elevado.

Durante estes días, nalgunhas Comunidades está a vacinarse ás persoas de 70-80 anos en diante, sanitarios e profesionais cuxa exposición ao virus sexa alta e estase deixando de lado a priorización das persoas que pola súa natureza ou por diferentes comorbilidades teñen unha gravidade asociada en caso de contaxio.

Down España e Down Galicia piden que non se abandone á súa sorte ás persoas coa síndrome de Down adultas, moito menos cando xa hai unha sólida evidencia científica que sinala o risco que corren en caso de contaxio por COVID-19, avalada agora mesmo pola publicación ‘Vulnerabilidade médica das persoas coa síndrome de Down ao COVID-19’ na revista THE LANCET, baseada no estudo desenvolvido por T21RS, a sociedade científica internacional de investigación sobre a síndrome de Down. Nela, apúntase que “unha persoa coa síndrome de Down de 40 anos ou máis ten un risco incrementado similar ao de alguén 30 anos maior e, en conxunto, teñen o triplo de posibilidades de desenvolver unha enfermidade severa ou de falecer”.

Non é comprensible que se recoñeza a importancia deste achado e que, ao mesmo tempo, o Grupo de traballo técnico de vacinación COVID-19 do Ministerio de Sanidade, que elabora e actualiza a Estratexia de Vacinación, aínda non o tivera en conta.

Afortunadamente, un bo número de persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos foron vacinadas ao residir en institucións asistenciais ou residencias, pero é urxente que a vacinación chegue a todas elas –tamén ás que viven nos seus domicilios con ou sen os seus familiares-, a través de citacións dos seus Centros de Saúde.

Down España ofreceu, tanto ao Ministerio como ás comunidades autónomas apoio para difundir información sobre a importancia da vacinación para as persoas coa síndrome de Down, pero é necesario que se tome unha decisión de priorización canto antes, xa que a dificultade de subministración de vacinas dispoñibles non xustifica o que non as tivesen en conta xa.

 
Documentos e ligazóns de interese

  • Estratexia de vacinación: dispoñible facendo pinchando aquí.
  • Artigo ‘Vulnerabilidade médica das persoas coa síndrome de Down ao COVID-19’, publicado en inglés na revista The Lancet
  • Informe da Sociedade Española de Medicina Preventiva, Saúde Pública e Hixiene: Priorización de Vacinación fronte a SARS-CoV-2 en Adultos con Condicións de Risco
  • Novos datos sobre COVID 19 e síndrome de Down

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Vacinación contra a gripe estacional e COVID-19 para as persoas coa síndrome de Down
18 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}