Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

A Deputación da Coruña continúa a colaborar con dous proxectos da Federación na provincia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Deputación da Coruña continúa a colaborar con dous proxectos da Federación na provincia

30 Marzo, 2021

» A Deputación da Coruña continúa a colaborar con dous proxectos da Federación na provincia

Down Galicia e as súas entidades membro da provincia da Coruña contaron un ano máis coa colaboración da Deputación da Coruña que, mediante unha achega económica de 18.050,00 €, apoia o proxecto “Emprego con Apoio de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na Coruña”.

Grazas a esta axuda, puideron desenvolverse diversas actuacións no ámbito da inserción laboral na empresa ordinaria que beneficiaron a un total de 94 mozos e mozas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. A totalidade destas persoas forman parte da bolsa de emprego do servizo de Emprego con Apoio das entidades membro de Down Galicia da provincia da Coruña.

En virtude desta colaboración, durante o período no que se desenvolveu este proxecto, asináronse 4 convenios de prácticas e houbo 60 contratos de traballo vixentes, dos que a gran maioría foron a xornada parcial e de duración determinada.

Con respecto ó traballo de prospección, durante o pasado ano conseguiuse visitar e presentar o proxecto a un total de 18 empresas. O obxectivo destas visitas centrouse en atopar un posto de traballo susceptible de ser ocupado por aquelas persoas participantes que estiveron en situación de busca de emprego nalgún momento do proxecto, ou ben para negociar posibles renovacións ou prórrogas de persoas usuarias ocupadas.

Colaboración na optimización dos recursos tecnolóxicos da Federación

A Deputación da Coruña tamén destinou o pasado ano 2.500,71 € ao proxecto de “Renovación e optimización do equipamento tecnolóxico para a xestión do servizo de promoción da autonomía persoal” que levan a cabo Down Galicia e as súas entidades na provincia.

Esta achega financiou equipos informáticos completos para a realización de traballo diario na sede da Federación e na asociación Teima Down Ferrol,  ademais dun equipo fotográfico para o rexistro de actividades e recurso susceptible de ser utilizado como dinamizador das sesións.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}