Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Continúan as boas novas nos servizos de emprego con apoio e formación de Down Vigo

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Continúan as boas novas nos servizos de emprego con apoio e formación de Down Vigo

24 Abril, 2021

» Continúan as boas novas nos servizos de emprego con apoio e formación de Down Vigo

Contratación indefinida en Recambios Quasar

Iván, usuario do servizo de Emprego con Apoio de Down Vigo, acaba de incorporarse de novo ao mercado laboral a través dun contrato indefinido na empresa Recambios Quasar, cuxa actividade se centra na comercialización de motores de arranque e  alternadores para o automóbil.

O seu posto de traballo está relacionado coas actividades auxiliares de almacén e coas xestións derivadas da actividade da empresa, tales como a entrega de documentación, o envío de cartas ou a compra de material.

Iván fai un balance moi positivo destas primeiras semanas, a pesar do “medo pola COVID-19”. Quere aproveitar a oportunidade de “volver ter un traballo” para gozar da autonomía que ofrece ter un soldo cada mes.

 

Nova formación para preparar o exame teórico do carné de conducir

O servizo de Formación puxo en marcha esta semana unha formación específica para que 12 persoas usuarias da entidade poidan presentarse ao exame teórico do carné de conducir.

Trátase dun curso intensivo de dous meses que combinará formación presencial e telemática e no que se ofrece unha atención individualizada, tomando como referencia o sistema de exame da Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Todos os materiais foron adaptados a lectura fácil.

As clases están programadas cun enfoque teórico-práctico, de maneira que en cada sesión trabállanse aspectos concretos do manual e aplícase esta teoría a situacións reais, a través de cuestionarios que están dispoñibles tanto en papel como en formato dixital. Así, os obxectivos específicos pretenden aumentar as competencias instrumentais do alumnado, inculcar as responsabilidades que leva consigo o uso dun vehículo motorizado e adquirir unha formación viaria actualizada, que poidan aplicar tanto no rol de condutores e condutoras como no de peóns.

Esta formación está dirixida a mozos e mozas que, tendo xa experiencia no mercado laboral, necesitan mellorar a súa capacitación profesional para adaptarse ás demandas das empresas e así ter oportunidades reais de obter un emprego.

Entradas relacionadas

Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}