Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

O CERMI esixe o dereito das persoas con discapacidade a unha vivenda accesible, alcanzable e inclusiva

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O CERMI esixe o dereito das persoas con discapacidade a unha vivenda accesible, alcanzable e inclusiva

3 Maio, 2021

» O CERMI esixe o dereito das persoas con discapacidade a unha vivenda accesible, alcanzable e inclusiva

O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) esixe o dereito das persoas con discapacidade a unha vivenda accesible, alcanzable e inclusiva como elemento esencial para unha vida independente e participativa.

Esta é a principal reivindicación que a plataforma da discapacidade resalta no seu manifesto con motivo da celebración do Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que se celebra cada 3 de maio desde que fose establecido oficialmente polo Consello de Ministros en 2019 a proposta do propio CERMI.

Da mesma maneira, reclama que a discapacidade ha de ser tida “moi en conta” na ordenación e aseguramento do dereito á vivenda, que, ao seu xuízo, debe abordarse como parte da lexislación e as políticas públicas xerais de vivenda. E é que, tal e como se recalca no manifesto “toda persoa ten dereito a vivir no seu domicilio co soporte que precisa e pertencendo e participando da súa comunidade”.

Desta maneira, o movemento CERMI considera necesario levar a cabo dúas medidas “de calado”. Por unha banda, a aprobación dunha Lei Xeral de Garantía do Dereito Social á Vivenda, así como o aumento do parque público de vivenda, dedicando polo menos o 2% do Produto Interior Bruto (PIB) a asegurar esta finalidade.

 

Accesibilidade universal

Ademais, fai especial fincapé na accesibilidade universal, que “debe ser a norma que guíe os principios e actuacións das políticas públicas e normativas vinculadas á vivenda, xa que, pola contra, excluirase ás persoas con discapacidade”. Neste sentido, esixe que se adapte o parque construído para garantir que “ningunha persoa quede illada na súa vivenda, recluída por ausencia de condicións de accesibilidade e deseño universais”.

En relación a isto, desde o CERMI piden que se resolvan “con urxencia” algunhas demandas, entre as que se atopa a reforma da Lei de Propiedade Horizontal para que as obras e actuacións de accesibilidade sexan obrigatorias para a comunidade de propietarios cando veñan solicitadas por veciños e veciñas con discapacidade ou maiores de 70 anos, con independencia do seu custo.

Tamén esixen que se impulsen reformas para que o Rexistro da Propiedade recolla datos sobre as condicións de accesibilidade dos inmobles, edificios e vivendas, co obxectivo de que os potenciais adquirentes e persoas usuarias con discapacidade ou en cuxa unidade familiar haxa unha persoa con discapacidade, poidan coñecer de antemán esta información tan relevante e facilitar a súa decisión de compra ou arrendamento.

Da mesma maneira, avogan pola creación dun Fondo Estatal de Promoción da Accesibilidade Universal e por despregar políticas oficiais e adoptar medidas que proporcionen e manteñan unha oferta pública de vivendas accesibles ao dispor das persoas con discapacidade.

 

Vivenda alcanzable e inclusiva

Desde o movemento CERMI, aseguran que as persoas con discapacidade, en xeral, presentan unha elevada dependencia de instancias alleas á propia persoa, á contorna familiar ou a prestacións ou recursos públicos ou da sociedade civil. Por iso, defenden que sexan considerados como un grupo preferente nas políticas públicas de vivenda, para proporcionarlles solucións habitacionales dignas, adecuadas e libremente elixidas.

Igualmente, esixen que se faga efectivo o dereito das persoas con discapacidade a elixir onde, como e con quen vivir, garantindo os apoios que o fagan posible. Neste sentido, avogan por que as políticas sociais e as de vivenda se aúnen para que se produza, mediante estratexias públicas vigorosas, un tránsito a formas de vida inclusiva e independente, que permita a vida na comunidade de pertenza e a participación social das persoas con discapacidade, como, por exemplo, a vivenda colaborativa.

Por todo iso, o movemento CERMI considera que a discapacidade organizada e o Terceiro Sector de Acción Social han de ser considerados como “axentes cívicos de referencia na cocreación e cogobernanza das políticas públicas oficiais de vivenda, en todos os seus niveis”.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia
12 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
8 de marzo de 2022: Vinte e cinco anos de conquistas e reivindicación
8 Marzo, 2022
Down España recada fondos para axudar a familias de persoas coa síndrome de Down de Ucraína
4 Marzo, 2022
Xunta, FEGAMP e Terceiro Sector asinaron a nova Axenda Social Única de Galicia
4 Xaneiro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}