Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Mozos e mozas de Down Lugo continúan mellorando a súa autonomía no ámbito doméstico

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Mozos e mozas de Down Lugo continúan mellorando a súa autonomía no ámbito doméstico

5 Maio, 2021

» Mozos e mozas de Down Lugo continúan mellorando a súa autonomía no ámbito doméstico

“…limpar o brócoli quitándolle os talos grosos, pelar e cortar os allos, poñer auga a ferver cunha cullerada de sal…”

Así comeza unha das sinxelas e saudables receitas que elaboran semanalmente as persoas participantes no programa de Autonomía Doméstica de Down Lugo.

Este programa leva en activo máis de 13 anos e, actualmente, participan nel un total de 17 persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, que, en pequenos grupos, entran na cociña da asociación e póñense mans á masa.

Cada semana, un dos cociñeiros ou cociñeiras do grupo escolle unha receita para, xunto co resto dos seus compañeiros e compañeiras, elaborala cos ingredientes que compran no supermercado da zona. Ademais das tarefas propias da receita como cortar, pelar, lavar, fritir ou cocer, repártense outras como poñer a mesa, fregar a louza, pasar a  fregona ou limpar a  vitrocerámica, por exemplo.

O principal obxectivo deste programa é que as persoas participantes adquiran as habilidades, as destrezas e os coñecementos básicos necesarios para desenvolverse con autonomía nas tarefas do fogar.

Pero, en realidade, participar neste programa ten moitas máis aprendizaxes que os meramente domésticos, xa que á hora de cociñar póñense en práctica outros coñecementos e habilidades como a lectoescritura, a comprensión lectora, o cálculo, a capacidade de organización… e cada día refórzanse valores tan importantes como a responsabilidade, o traballo en equipo, a tolerancia, a paciencia, o respecto ou a prudencia.

Ahhh!!! Soa o timbre da vitro! Toca probar a receita!

Entradas relacionadas

Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Lugo e o campus universitario da cidade presentan o Proxecto Troya, unha formación en competencias e habilidades empresariais
26 Outubro, 2022
O Encontro de mozos, mozas e persoas adultas de Down Galicia reúne a máis de 130 persoas que esperan “poder repetir moi pronto”
3 Outubro, 2022
Gadis renova o contrato de Iria Villamarín nunha das súas tendas de Lugo
8 Setembro, 2022
Down Lugo espreme o verán con dúas excursións á costa atlántica
29 Xullo, 2022
Down Lugo percorre unha etapa do Camiño Primitivo
1 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}