downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Ana, Rocío e Guillermo comezan a traballar en dúas empresas da cidade de Vigo

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

Ana, Rocío e Guillermo comezan a traballar en dúas empresas da cidade de Vigo

28 Xullo, 2021

» Ana, Rocío e Guillermo comezan a traballar en dúas empresas da cidade de Vigo

Este mes de xullo, Ana e Rocío, usuarias de Down Vigo, pasaron a formar parte do persoal que realiza as tarefas de limpeza no primeiro albergue de Vigo para peregrinos do Camiño da Costa. Contratadas pola empresa Clece, o seu traballo consiste na limpeza e desinfección das instalacións do recentemente estreado edificio, inaugurado o pasado 29 de xuño e situado na praza do Berbés.

O perfil laboral de limpeza, ademais de ser fundamental nestas instalacións de uso público, cobra especial importancia por mor da situación de emerxencia sanitaria derivada da COVID-19. Hoxe máis que nunca, realizar as tarefas deste posto con rigor e profesionalidade é unha cuestión de saúde pública.

Ana e Rocío están ilusionadas con esta nova etapa laboral nas súas vidas. Ambas tiñan experiencia no sector da limpeza, pero resaltan a importancia de ter un contrato laboral “de máis horas” que noutras ocasións, o que lles axudará a alcanzar un maior nivel de autonomía persoal.

As primeiras impresións de Ana son positivas, xa que “hai autobús que a deixa moi preto” e ademais ten “boas compañeiras”. Rocío, pola súa banda, fai fincapé en que lle gusta “todo” do seu novo traballo; sobre todo, ter un contrato con máis carga laboral que os que obtivera anteriormente”.

 

Nova incorporación laboral en Alcampo

Por outra banda, Guillermo, que tamén forma parte do Servizo de Emprego con Apoio de Down Vigo, incorporouse o pasado 1 de xullo ao persoal do Centro Comercial Alcampo Vigo-II, no posto de “persoal base”. Trátase da segunda persoa da entidade que está contratada na actualidade pola empresa, que leva colaborando con Down Vigo desde o ano 2003.

As funcións de Guillermo desenvólvense na liña de caixas, retirando as cestas para levalas ao momento de desinfección, recollendo e clasificando mercadoría devolta e levando cambio en efectivo ao persoal de caixas cando o solicitan.

Tras un período de prácticas de quince días e unha valoración positiva no desempeño do seu traballo, Guillermo logrou o seu obxectivo: un contrato laboral que contará cunha duración inicial de tres meses.

Sobre o seu traballo, Guillermo destaca a ilusión coa que afronta este novo reto, decidido a desempeñar as tarefas con boa actitude e ganas. Sobre o período de prácticas, explica que as funcións que máis esforzo lle supuxeron foron “contar ben o diñeiro ou colocar a mercadoría no almacén”.

A incorporación de Guillermo consolida aínda máis os lazos de unión entre o Centro Comercial Alcampo Vigo-II e Down Vigo, despois da boa experiencia na sección de Reposición.

Entradas relacionadas
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
Un mozo de Down Vigo comeza a traballar en Rodavigo como operario de almacén
26 Abril, 2022
O Concello de Agolada contrata un ano máis a un mozo de Down Lugo trala sinatura dun novo convenio coa entidade
13 Abril, 2022
Down Vigo e Zona Franca renovan o seu compromiso coa inclusión laboral a través dunha nova contratación
11 Abril, 2022
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}