Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Fundación Ibercaja colabora co programa Emprego Con Apoio para a inserción laboral das personas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Fundación Ibercaja colabora co programa Emprego Con Apoio para a inserción laboral das personas coa síndrome de Down

16 Setembro, 2021

» Fundación Ibercaja colabora co programa Emprego Con Apoio para a inserción laboral das personas coa síndrome de Down

A Fundación Ibercaja, a través da súa Convocatoria 2020 de Proxectos sociais, colabora co proxecto “Emprego Con Apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que a Federación Down Galicia desenvolve nos seus 7 centros de atención nas principais cidades galegas: Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

A través deste soporte económico, 70 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en idade laboral participaron no programa co obxectivo de facilitar a súa inclusión socio-laboral, mellorando nos seus niveis de autonomía, habilidades, independencia e capacitación para o emprego.

Deste xeito, pódese dicir que a contribución da Fundación Ibercaja tivo como beneficiarias, de forma directa, a estas 70 persoas usuarias do proxecto e, de maneira indirecta, a 210 familiares que forman parte da rede de apoio de cada unha delas. Ademais, visitáronse 72 empresas, sendo as 57% novas no proxecto, acadando a colaboración do 30% destas. Conseguiuse asinar un contrato para 30 persoas en desemprego e prácticas para 41, á vez que se logrou manter o 100% dos empregos.

Para a consecución do obxectivo marcado neste proxecto leváronse a cabo distintas actividades: Desde valorar e orientar ás persoas usuarias cara ao emprego, ata a procura de traballo ou prácticas, pasando por apoiarlles nos seus postos e intervir coas súas familias.

O proxecto impacta na calidade de vida das persoas usuarias dun modo moi positivo xa que adquiren unha responsabilidade e unha autoestima moi importante para levar a cabo unha vida o máis normalizada posible. Grazas a este, varias persoas usuarias obtiveron a súa primeira ou unha nova experiencia laboral e outros moitas, conseguiron facer prácticas laborais nunha contorna laboral, mellorando así as súas posibilidades de empregabilidade.

 

Así é o programa de Emprego Con Apoio

Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o servizo de Emprego Con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de tentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos seus compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de maneira positiva e natural.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}