downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense

5 Maio, 2022

» Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense

 

A discapacidade intelectual entrou de cheo este pasado luns 2 de maio nas aulas da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC, onde o alumnado da materia Fundamentos da Xestión e dos Recursos Humanos tivo a ocasión de saber máis sobre a realidade que depara o mercado laboral ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

A través dos testemuños de traballadores, traballadoras e técnicos de emprego da asociación Down Lugo e tamén da responsable do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC na sede universitaria luguesa, Fátima Teixeiro, coñeceron de primeira man a situación actual.

A sesión, organizada co obxecto de darlle visibilidade á situación das persoas con discapacidade intelectual, así como ás dificultades específicas que deben sortear para acadar un emprego ordinario, ademais de sensibilizar ao propio alumnado de ADE sobre a necesidade de traballar a prol da inclusión social e laboral do colectivo, serviu asemade para dar a coñecer ao estudantado do Campus lucense o ‘Programa de Emprego con Apoio’, sinal de identidade do Movemento Down en Galicia.

Os técnicos de emprego da asociación Down Lugo, Sarai Lodeiro Castro e Francisco Varela Guerrero, explicaron diante do alumnado as características da iniciativa impulsada en aras de facilitar e mellorar a empregabilidade das persoas coa síndrome de Down.

De seguido, interviñeron como relatores nesta sesión aberta sobre discapacidade intelectual o responsable de RRHH e a responsable de Arquivo na área Administración de AmsLab, David Seijas e Sabela Arias, respectivamente; as traballadoras no McDonalds da capital luguesa Laura Otero e María Isabel Casanova; así como Saúl Montoya, empregado de Feuvert no taller de que dispón esta compañía en Lugo.

Unha vez rematadas as súas intervencións, nas que as persoas usuarias de Down Lugo puideron contar as experiencias vividas, todos os relatores mantiveron un interesante coloquio co alumnado respecto das particularidades e dificultades ás que teñen que enfrontarse as persoas con síndrome de Down ou aquelas que presentan calquera outro tipo de discapacidade intelectual para acceder a un posto de traballo.

Esta actividade de marcada pegada social chegou ao seu colofón logo de hora e media coa intervención da responsable do SPIU da USC no Campus de Lugo, Fátima Teixeiro, que puxo o foco na necesidade de que a sociedade se active e non escatime esforzos para avanzar na inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade.

Entradas relacionadas
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
Un mozo de Down Vigo comeza a traballar en Rodavigo como operario de almacén
26 Abril, 2022
O Concello de Agolada contrata un ano máis a un mozo de Down Lugo trala sinatura dun novo convenio coa entidade
13 Abril, 2022
Down Vigo e Zona Franca renovan o seu compromiso coa inclusión laboral a través dunha nova contratación
11 Abril, 2022
Cristina Barreiro, usuaria de Down Coruña, comeza a traballar na Farmacia Pocomaco
4 Abril, 2022
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}