Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto

O Quiosco de Down Experience únese a Just Eat para servir os seus produtos a domicilio

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Quiosco de Down Experience únese a Just Eat para servir os seus produtos a domicilio

30 Agosto, 2022

» O Quiosco de Down Experience únese a Just Eat para servir os seus produtos a domicilio

 

Down Experience, a iniciativa de restauración da asociación Down Coruña, acábase de unir á plataforma de envíos a domicilio Just Eat, a plataforma en liña de reparto de comida a domicilio líder en España, para a distribución dos seus produtos de ‘O Quiosco’. Desta maneira, calquera persoa que se atope na cidade da Coruña poderá gozar do mellor de Down Experience sen moverse do lugar onde se atope.

Os pedidos poderanse realizar a través da web ou a aplicación móbil de Just Eat entre as 12:00 e as 22:30 horas, podendo gozar en calquera momento da oferta completa de ‘O Quiosco’.

Desde a compañía de delivery apoian este tipo de iniciativas, pioneiras en Galicia, que demostran que as persoas coa síndrome de Down e outro tipo de discapacidades intelectuais son capaces de emprender ou de formar parte de calquera empresa como asalariados.

En palabras de Paula Pascual, directora de Vendas de Just Eat España: “Desde que coñecemos a iniciativa de ‘O Quiosco de Down Experience’ tivemos claro que nos queriamos unir. Encántanos o proxecto e o que supón como lugar de encontro para todos os coruñeses, ademais do gran proxecto de inclusión que impulsa. Quixemos axudarlles para que ese delicioso bocadillo de luras e toda a súa interesante proposta gastronómica poida chegar a máis xente grazas ao noso reparto de comida a domicilio. Agora, con Just Eat, todos os coruñeses poderán darse o capricho sen moverse de casa”.

O director executivo de Down Experience, Manuel Rego, valora positivamente esta unión. “Cando tes un proxecto o único que queres é coidalo, darlle un futuro, e aquí é onde entran en xogo empresas como Just Eat. É unha das marcas referentes en canto a pedidos a domicilio no noso país que, desde o primeiro momento, mostráronnos o seu apoio para seguir impulsando esta iniciativa que tan boa acollida ten entre a xente de Coruña e os seus visitantes”.

Manuel Rego recalca, ademais, a gran dimensión que alcanza esta colaboración a través do mítico bocadillo de luras, “un manxar tradicional que a todos os coruñeses e coruñesas nos trae bos recordos”.

Entradas relacionadas

O Goberno facilita a xubilación anticipada das persoas con discapacidade superior ao 45%
25 Maio, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Teima e Down Coruña galardoadas cos Premios Boas Prácticas da Deputación da Coruña
10 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}