Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

27 Xaneiro, 2023

» Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

 

A Federación Down Galicia e BBVA asinaron esta mañá en Santiago de Compostela un convenio de colaboración para a posta en marcha dunha nova edición do programa de prácticas formativas ‘Emprego con Apoio’, que promove a inclusión socio-laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. A directora da Territorial Noroeste de BBVA, Marta Alonso, e o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, asinaron o acordo de colaboración en nome de ambas as institucións.

A sede de Down Galicia foi escenario da firma deste acordo de colaboración. A través deste programa, que consiste na realización de prácticas formativas en oficinas galegas da entidade bancaria, as persoas participantes adquiren unha experiencia laboral que lles axudará no proceso de procura de emprego, ademais de mellorar as súas habilidades sociais para a súa inclusión en diferentes equipos de traballo.

Ao longo deste ano, as persoas participantes traballarán durante un período aproximado dun mes en distintas oficinas de BBVA da Coruña, Lugo e Vigo. O proxecto desenvolverase a través dun programa de capacitación para o emprego, un adestramento laboral no posto de traballo, un seguimento laboral continuado e unha formación permanente.

No acto celebrado hoxe, Marta Alonso Blanco, directora da Territorial Noroeste de BBVA, destacou que “cremos que os equipos diversos achegan novos puntos de vista e gañan nun dobre sentido. Por unha banda, as persoas con discapacidade aprenden a desenvolverse nunha contorna nova que favorece a súa inclusión socio-laboral e, por outro, o noso persoal enriquécese con persoas que achegan unha visión e unha experiencia distintas”.

Pola súa banda, Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, resaltou “a necesidade de contar co apoio do tecido empresarial, pois é crucial para que o futuro da nosa sociedade estea baseado na igualdade, a equidade e a inclusión de todas as persoas”. Prieto aproveitou a súa intervención para convidar “a todos os empresarios e empresarias a descubrir as múltiples capacidades das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais”.

Desde o ano 2012, o programa de prácticas formativas, promovido por BBVA en colaboración con Down Galicia, apoiou a formación de 112 mozos e mozas e supuxo en todas as súas edicións anteriores unha experiencia moi positiva e de gran valor, non só para as persoas participantes, senón tamén para os empregados e empregadas do banco.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}