Down Galicia contou un ano máis coa colaboración da Deputación da Coruña que, mediante unha achega económica de 13.400 €, apoia o proxecto “Emprego Con Apoio de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na Coruña.”.
Grazas a esta axuda, puideron desenvolverse diversas actuacións no ámbito da inserción laboral na empresa ordinaria que beneficiaron a un total de 101 mozos e mozas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. A totalidade destas persoas forman parte da bolsa de emprego da entidade da provincia da Coruña.
En virtude desta colaboración, durante o período no que se desenvolveu este proxecto, asináronse 9 convenios en prácticas e houbo 85 contratos de traballo vixentes, dos que case a súa totalidade foron a xornada parcial e de duración determinada.
Con respecto ó traballo de prospección, durante o pasado ano conseguiuse visitar e presentar o proxecto a un total de 30 empresas. O obxectivo destas visitas centrouse en atopar un posto de traballo susceptible de ser ocupado por aquelas persoas participantes que estiveron en situación de busca de emprego nalgún momento do proxecto, ou ben para negociar posibles renovacións ou prórrogas de persoas usuarias ocupadas.
Colaboración para a renovación de equipamento informático
A Deputación da Coruña tamén destinou o pasado ano 939,44 € ao proxecto de “Renovación e mellora do equipamento tecnolóxico 2022 para a xestión do servizo de promoción da autonomía persoal de Down Galicia na provincia de A Coruña”.
Esta achega financiou a renovación de parte do equipamento informático que utilizan os profesionais da Federación, con maiores prestacións, e que estean perfectamente configurados para o desenvolvemento do traballo diario.