Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Un verán cheo de actividades para os mozos e mozas de Down Lugo

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Un verán cheo de actividades para os mozos e mozas de Down Lugo

4 Setembro, 2023

» Un verán cheo de actividades para os mozos e mozas de Down Lugo

 

A axenda dos mozos e mozas usuarias de Down Lugo estivo repleta de eventos e actividades durante todo este verán. Cultura, natureza, tecnoloxía, deporte, ecoloxismo… todo tivo cabida nestes meses estivais.

Así, as persoas usuarias da entidade puideron desfrutar de plans tan variados como visitar unha exposición no Museo Interactivo da Historia de Lugo, realizar un taller de lettering, andainas por Foz e pola Ruta das Chousas, participar nun taller de DJs no barrio da Milagrosa, visitar a Aula da Natureza do Veral, elaborar cadernos de campo en Sargadelos-Cervo, facer ioga ao aire libre, competir nunha xincana no parque Rosalía de Castro, pasar a tarde na piscina ou xogar ao pádel, entre outras actividades.

Tamén houbo tempo de experimentar coa robótica nun taller no que aprenderon a programar a través de xogos ou de saber máis sobre reciclaxe a través dun divertido bingo.

 

Unha nova edición da xuntanza de familias tralo parón pola COVID

O pasado 9 de xullo, Down Lugo retomou a súa tradicional festa de familias de verán, que levaba varios anos sen celebrarse por mor da pandemia.

O lugar escollido para esta edición foi a localidade lucense de Triacastela, onde as persoas participantes puideron desfrutar dunha xornada de ocio e convivencia e participar en varias actividades.

O día comezou coa visita a unha queixería artesá na parroquia de As Pasantes, onde puideron ver como se fai o queixo do Cebreiro á maneira tradicional. Posteriormente, algunhas familias baixaron ata Triacastela facendo unha parte do Camiño de Santiago, desfrutando da paisaxe de Oribio e admirando a árbore centenaria de Ramil.

Xa en Triacastela, os mozos e mozas da entidade asinaron no Libro de Ouro do municipio e máis tarde, xunto coas familias, comeron na praza do concello.

A tarde estivo amenizada por unha actuación teatral e, ao seu remate, as persoas participantes na xornada fixeron unha pequena ruta polos montes da zona.

Unha xornada inesquecible!

Entradas relacionadas

Down Lugo e CPR Inmaculada Maristas de Lugo apostan pola inclusión educativa
28 Xullo, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Lugo visitan a comarca do Barbanza para dar comezo ao verán
12 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Lugo e Down Ourense comparten unha xornada de ocio na capital lucense
12 Xuño, 2023
Cafés Candelas contrata de xeito indefinido a un mozo de Lugo con discapacidade intelectual
31 Maio, 2023
Vota o proxecto de Down Lugo e colabora na mellora do seu proxecto de vida independente
29 Maio, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}