Os días 11, 12 e 13 de decembro, a asociación Down Lugo participará no stand “Diversiarte” do mercadiño “Nadalmente Lucense”, que organiza o Concello de Lugo e que acolle a participación de 25 asociacións e colectivos da cidade que traballan polo benestar e a inclusión.
Neste espazo, as persoas visitantes poderán informarse sobre as distintas actividades que se levan a cabo na entidade e colaborar a través da compra de diversos produtos ou de lotería de Nadal.
Este tradicional mercadiño está situado na Praza Maior da cidade e, ademais do posto de “Diversiarte” contará con casetas decoradas, iluminación especial e un amplo horario: de 11:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas.
Venda de lotería de Nadal de Down Lugo no estadio Anxo Carro
Ademais, dentro das actividades relativas á campaña de Nadal da entidade, aquelas persoas que o desexen poderán mercar lotería de Down Lugo no partido que o CD Lugo xogará contra a Ponferradina este sábado 14 de decembro ás 17:00h no estadio Anxo Carro.