Non quedes sen praza para o vindeiro Encontro Nacional de Familias de Down España!
A próxima ponte do Pilar, do 9 ao 12 de outubro, a federación estatal celebrará xunto á asociación FUNDOWN o seu 26º Encontro Nacional de Familias, o evento anual máis esperado polas familias de persoas coa síndrome de Down.
Este gran Encontro terá lugar en Murcia e, como cada ano, contará cun atractivo programa repleto de talleres formativos, debates e actividades de lecer para toda a familia.
Este luns 29 de xuño ás 16:00h Down España abrirá as inscricións para a 26ª edición deste Encontro, que acollerá a máis de 500 persoas.
As prazas están limitadas e as inscricións pecharanse automaticamente cando se complete a capacidade dispoñible.
Esta primeira fase está dirixida unicamente a familias que asistan desde fóra de Murcia e Cartaxena e, por tanto, necesiten aloxamento. Unha vez finalizada esta fase, abrirase un período de inscrición só para familias locais.
Se te quedas sen praza, poderás apuntarte á lista de espera. Nos días posteriores á inscrición, escribiremos ás persoas apuntadas na lista con indicacións sobre os pasos para seguir.
Cotas de inscrición:
- Familias de organizacións federadas: 300€ por cada membro da unidade familiar
- Membros de familias non federadas: 500€por cada membro da unidade familiar
- As entradas de menores de 2 anos son gratuítas.
Enlace directo á inscrición (con programa preliminar):
👉 https://eventos.sindromedown.net/es/encuentro-de-familias-de-down-espana-2026
Durante os próximos días, Down España compartirá toda a información nas súas redes sociais.
Neste vídeo poderás ver como facer a inscrición para o Encontro Nacional de Familias: