Dispoñible a ‘Guía de axudas sociais e servizos para as familias 2024’

 

O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 acaba de publicar a ‘Guía de axudas sociais e servizos para as familias 2024’, cuxo obxectivo é facilitar información sobre as prestacións, beneficios e servizos a aquelas persoas que teñen familia ou estean a pensar en formar unha.

Trátase dun documento de gran utilidade para as familias de persoas coa síndrome de Down, debido a que entre os seus obxectivos contempla a mellora da protección social e económica das familias con menores de idade a cargo, ou con persoas con discapacidade.

Trátase dunha actualización que detalla onde, cando e como se accede a este tipo de prestacións.

Tamén se informa sobre as axudas establecidas a nivel estatal nos ámbitos de seguridade social, emprego, fiscalidad, servizos sociais, educación, vivenda, entre outros, e facilítanse as direccións e ligazóns dos organismos autonómicos competentes nesta materia e de entidades sociais que traballan no ámbito de familias. Deste xeito, os cidadáns e cidadás poden ampliar a información sobre as axudas existentes na súa cidade ou comunidade autónoma.

Guía de Axudas Sociais e Servizos para as familias, dispoñible nesta ligazón.

Ir o contido