Aberto o prazo de inscrición para un novo Encontro Nacional de Mozos e Mozas de Down España

 

Tras varios anos nos que o Encontro Nacional de Mozos e Mozas non se celebraba de maneira exclusiva, Down España organiza de novo este gran evento para mozos e mozas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais de todo o país.

Nesta ocasión, o evento terá lugar en Ávila e, como novidade, este Encontro Nacional de Mozos e Mozas está tamén aberto para irmáns, irmás e amizades de persoas coa síndrome de Down.

Celebrarase a última fin de semana do mes de maio, do 31 de maio ao 2 de xuño, e o seu obxectivo é pasar unha fin de semana de diversión e inclusión no que mozos e mozas de toda España gocen de actividades lúdicas e dinámicas de grupo nas que se coñezan e compartan experiencias.

Down Ávila será a entidade encargada de coorganizar con Down España este encontro para maiores de 18 anos que inclúe tres días de actividades, aloxamento e todas as comidas desde a cea do venres ao almorzo do domingo. Ademais, para aqueles que o necesiten, haberá traslado de ida e volta en autobús desde a Estación de Madrid-Atocha ata Ávila, con saída o venres ás 16:00h e regreso o domingo ás 12:00h.

O prezo é de 75€ por persoa.

As inscricións están abertas desde o luns 15 de abril na seguinte ligazón: Páxina de inscrición para o Encontro Nacional de Mozos de 2024.

Ir o contido