A Deputación de Pontevedra subvenciona o curso de formación en “auxiliar de limpeza industrial” impartido na cidade de Vigo

Coa axuda da Deputación da Pontevedra (Convocatoria de subvencións para asociacións de servizos sociais especializados-Ano 2010) e da Dirección Xeral de Emprego, DOWN GALICIA imparte o “Curso de Auxiliar de limpeza industrial” no seu centro de traballo localizado na cidade de Vigo, para un total de 11 alumnos con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.

 Como principal obxectivo do curso plantaxouse: Potenciar e favorecer a inserción laboral no sector servizos (e máis concretamente en empresas de limpeza) no colectivo de persoas con discapacidade intelectual, en particular síndrome de Down, mellorando as posibilidades de inserción laboral e social.

Os contidos estruturáronse dacordo cun total de 10  bloques ou módulos entre os que destacan: Motivacion e orientación ó perfil, Seguridade e hixiene no traballo, Productos e útiles de limpeza, Solos, tipos e sistemas de limpeza, Limpeza de mobiliario, aseos, cristais, habitacións, limpeza e coidado do fogar e educación medioambiental. Así mesmo, destaca a formación práctica en empresa a través da metodoloxía de “Formación no posto”.

Entre os resultados acadados, destacan os seguintes:

         Realización de prácticas laborais en empresas do mercado laboral ordinario por parte dun 27% dos alumnos.

*          Realización de prácticas laborais na entidade Down a nivel local (Down Vigo) por parte dun 73% dos alumnos.

  *      Inclusión laboral a través dun contrato de traballo en empresas do mercado laboral ordinario dun 27% dos participantes no mesmo.

.

Ir o contido