A mocidade de Down Lugo viaxa a Sanxenxo para festexar o verán

 

Un ano máis, os mozos e mozas de Down Lugo decidiron festexar a chegada do verán cunha escapada á costa. Sanxenxo foi o destino elixido nesta ocasión durante os primeiros días desta estación do ano.

Deste xeito, dos días 5 ao 7 de xullo un grupo da asociación desprazouse ao Salnés para desconectar da rutina. Aló aloxáronse en bungalows no camping Cachadelos, ao pé da praia de Mogor. Puideron coñecer A Lanzada, a necrópole, o castro, o santurario, así como os areais próximos. O grupo tamén se animou a realizar un roteiro pola costa da zona, visitando o miradoiro de Punta Faxilda e o banco máis bonito de Noalla.

A mocidade de Down Lugo coincidiu nas instalacións do camping con outro grupo de xente de Down Vigo, polo que aproveitaron esta casualidade para saír de festa xuntos e coñecer a zona pola noite.

Despois destes tres días e moi bos momentos, as viaxeiras e viaxeiros xa están desexando que chegue a próxima viaxe!

 

 

Ir o contido