Aberto o prazo de inscrición para a xornada sobre vida independente da Escola de Familias de Fundación Mapfre

O vindeiro sábado 8 de outubro terá lugar a xornada “Conectados somos máis autónomos. A tecnoloxía ó servizo da seguridade, a iniciativa e a vida independente”, organizado pola Escola de familias e discapacidade de Fundación Mapfre.

Este acto, que se celebrará no Parador “Hostal dos Reis Católicos” de Santiago de Compostela, versará sobre a importancia das familias e da tecnoloxía na autonomía das persoas con discapacidade.

Gonzalo Berzosa, eminencia na materia e Director da Escola de familias e discapacidade, impartirá a charla “A vida independente require relacións, vínculos e capacidade de decidir. Papel das familias na súa posta en marcha”.

Así mesmo, poderemos asistir a outras conferencias sobre a funcionalidade da Escola de familias e discapacidade como recurso ó servizo das familias e sobre aplicacións tecnolóxicas para fomentar o desenvolvemento persoal e a vida autónoma.

O prazo de inscrición xa se atopa aberto e todo aquel que o desexe poderá inscribirse a través do seguinte enlace:

http://bit.ly/2cPw8l7

Tamén é posible inscribirse contactando por email no enderezo escueladefamilias@fundacionmapfre.org ou no teléfono 606 237 729.

A Escola de familias e discapacidade é unha iniciativa da Área de Acción Social de Fundación Mapfre e ten como obxectivo apoiar o papel que poidan desempeñar hoxe as familias para garantir o benestar e a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.

 

Lugar: Parador “Hostal dos Reis Católicos”
Praza do Obradoiro, 1. 15705. Santiago de Compostela

Horario: de 9:00h a 14:00h

Programa da xornada: http://discapacidad.fundacionmapfre.org/escueladefamilias/es/imagenes/programa-jornada-escuela-familias-v2_tcm207-232939.pdf

Ir o contido