Aberto o prazo de inscrición para o próximo Encontro Nacional de Irmáns de persoas coa síndrome de Down de Down España

 

A Rede Nacional de Irmáns de Down España organizou un encontro que terá lugar en Ávila os días 3 e 4 de xuño. Este evento, no que as persoas asistentes poderán participar en debates, coloquios e actividades de lecer, será tamén un punto de encontro no que compartir experiencias e facer novas amizades.

O Encontro Nacional de Irmáns organizouse en coordinación con Down Ávila, a entidade anfitrioa, e está aberto aos irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down maiores de 18 anos.

A vida independente das persoas coa síndrome de Down e os seus proxectos de vida son algúns dos asuntos que se tratarán nos debates e conferencias.

 

Inscricións

Para poder asistir ao Encontro é necesario realizar a inscrición en liña, que estará dispoñible este venres 21 de abril ás 10:00h.

A cota de inscrición (60€ irmáns e irmás de entidades federadas a Down España ou 90€ para irmáns/as non federados) inclúe:

  • Traslado desde Madrid (Estación de Atocha) ata Ávila en autobús o sábado 3 de xuño
  • Unha noite de aloxamento
  • Comida do sábado 3 de xuño
  • Cea e lecer en grupo do sábado 3 de xuño
  • Almorzo do domingo 4 de xuño
  • Asistencia ás charlas e debates
  • Visita turística guiada por Ávila

 

Utiliza esta ligazón para facer a inscrición:
https://eventos.sindromedown.net/es/encuentro-nacional-de-hermanos-2023

Neste outro enlace podes consultar toda a información deste Encontro, que conta coa colaboración de Accenture e da Fundación ONCE:
https://view.genial.ly/643801683dbf6d00117dbfdd

Ir o contido