Ir o contido

Colabora con Down Galicia a través das túas compras online

Compras-online-e14852572704591A partir de agora tes unha forma rápida e sinxela de colaborar con Down Galicia. Trátase de Wapsi.org e de Helpfreely.org, dúas plataformas mediante as que, ademais de facer as túas compras online, poderás destinar unha porcentaxe das mesmas á ONG que ti elixas entre as que se atopan dadas de alta nos seus servizos.

O funcionamento é moi sinxelo. Estas dúas plataformas teñen acordos asinados con moitas empresas, que son as que destinan parte das compras ás ONG que o comprador escolla. É dicir,

  1. Ti compras ó prezo de sempre na túa tenda habitual.
  2. Wapsi.org ou Helpfreely.org reciben unha porcentaxe da túa venda.
  3. E estas plataformas destinan unha parte desa porcentaxe á ONG que ti escollas.

Poñamos un exemplo: teño pensado comprar uns billetes de avión para as miñas vacacións. Como fago?

  1. Entro en Wapsi ou en Helpfreely
  2. Busco a compañía aérea coa que quero viaxar (Iberia, Vueling,…) e comprobo se está entre as empresas coas que estas plataformas teñen acordo.
  3. Escollo a compañía aérea.
  4. Selecciono a ONG á que quero que vaia destinada parte da miña compra (Down Galicia).
  5. E a propia plataforma xa me redirecciona á páxina da compañía aérea escollida.
  6. Unha vez alí, fago a miña compra de xeito normal.

Non hai que pagar máis. Son as empresas as que doan parte do seu beneficio para cumprir coas súas políticas de Responsabilidade Social Corporativa.

Invitámosvos a comprobar a multitude de empresas adheridas a estas plataformas. Aquí vai algún exemplo: Booking, Vueling, Iberia, Tiendanimal, AliExpress, Zooplus, Rentalcars, Rumbo, eDreams, El Corte Inglés, Intimissimi, La Casa del Libro, Fnac, Converse, Ray-Ban, Sarenza, etc.

E así ata máis de 300 tendas online de alimentación, mascotas, bebés, hoteis, electrónica, automóbil, deportes, fotografía, xoguetes, etc.

Animádevos a probar e compartide esta información cos vosos amigos, amigas e persoas coñecidas.

Entre tod@s podemos colaborar con Down Galicia sen que nos custe nada!!

Grazas!!