Down Coruña e AFACO unen forzas para potenciar a autonomía das súas persoas usuarias

 

O pasado mes de outubro, a asociación Down Coruña e AFACO, unha entidade recoñecida polo seu apoio a persoas con Alzheimer e outras demencias e ás súas familias na zona da Coruña, deron inicio a unha significativa colaboración.

Na súa primeira actividade conxunta, catro mozos e mozas de Down Coruña -Antonio, Cristina, Fani e Carlos- participaron nun taller de orientación xunto a persoas usuarias de AFACO no barrio das Flores da cidade coruñesa. A xornada incluíu a recolección de follas e a elaboración dun herbario, creando unha experiencia de aprendizaxe e conexión entre ambos os colectivos.

Este proxecto ten como obxectivo fomentar a autonomía das persoas participantes e xerar sinerxías que beneficien a ambas as entidades, desenvolvendo actividades como o Programa Activa-T e o acompañamento en centros de día.

Esperamos que esta actividade sexa a primeira de moitas e que marque o inicio dunha colaboración duradeira e enriquecedora.

Ir o contido