Down Coruña organiza un concerto solidario para celebrar o seu 25 aniversario

 

A asociación Down Coruña celebra este ano o seu 25 aniversario. Un cuarto de século traballando pola inclusión, a autonomía e o benestar das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Para celebralo, a entidade decidiu organizar un concerto solidario que promete ser unha noite inesquecible chea de música, alegría e compromiso social.

A velada contará coa participación de varios artistas, que subirán ao escenario para interpretar algunhas cancións do seu repertorio e apoiar así o labor de Down Coruña:

  • María Sánchez Teruel, nova compositora cun talento emerxente
  • Carlos Ares, que traerá a súa enerxía co seu estilo de rock rural alternativo en acústico
  • Andrey Casas, quen nos fará viaxar cos ritmos da samba e a bossanova
  • Lemot, co seu característico pop indie que conquistou corazóns
  • Sofrito Son, que nos fará movernos ao ritmo do mellor son cubano
  • Los Mecánicos, revivindo os grandes éxitos da música dos 80

 

Achega solidaria

A entrada ten un custo simbólico de 20€, unha achega íntegra que se destinará a apoiar os proxectos e programas de Down Coruña.

Se non podes asistir, pero queres sumarte a esta causa, tamén podes contribuír a través da Fila 0.

 

Cando e onde

O evento celebrarase o mércores 26 de febreiro de 2025 ás 20:30h na Sala Inn Club (Avenida Porto da Coruña, 3, 15003 – A Coruña).

 

Anímate a celebrar con Down Coruña 25 anos de inclusión e música!

Adquire aquí as túas entradas ou colabora a través da Fila 0

Ir o contido