Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario

 

Grazas a todas as persoas que na súa última declaración da renda marcaron o cadro 106 destinado a “Actividades de interese social”, o coñecido como X Solidario, Down Galicia poderá desenvolver ao longo do ano 2022 diversos programas en todo o territorio galego, así como tamén varios proxectos de adquisición de equipamento informático para os seus centros de traballo e varias obras de acondicionamento nas propias entidades membro.

Os fondos recadados a través do IRPF distribúense en Galicia a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas convocadas pola Consellería de Política Social.

Grazas a estas achegas, que ascenderon a un total de 590.922,46 €, as persoas usuarias das entidades Down de Galicia e as súas familias beneficiaranse durante este ano das diversas actuacións levadas a cabo ao abeiro dos seguintes proxectos:

  • Encontro autonómico de familias do movemento Down Galicia
  • Encontro autonómico de mozos e mozas do movemento Down Galicia
  • Programa de encontros bilaterais de mozos e mozas do movemento Down Galicia
  • Itinerarios de inclusión sociolaboral
  • Ecofriendly 21: itinerario de formación e inclusión sociolaboral
  • Ocio e vida saudable
  • Estimulación cognitiva
  • Sensibilización
  • Apoio psicolóxico
  • Accesibilidade
  • Apoio e intervención no proceso de envellecemento
  • Inclusión educativa
  • Apoio a familias
  • Implantación e renovación de equipamento informático e audiovisual
  • Acondicionamento e mellora de recursos materiais para o servizo de promoción de autonomía persoal
  • Ampliación e mellora do centro de servizos S.E.P.A.P – Down Compostela
  • Centro de promoción de autonomía persoal – Down Ourense
Ir o contido