Down Galicia participa na xornada sobre o impulso da RSE en Galicia

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE

Trátase da 39 Xornada Corresponsables, un evento centrado na RSE na nosa comunidade autónoma, e que conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela, o Cergi e o Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC. Participan as principais institucións e organizacións líderes no impulso da Responsabilidade Social co obxectivo de contribuír a impulsar aínda máis este sistema de xestión, a través da reflexión sobre as claves e os retos da RSE, prestando atención ás particularidades de Galicia. Down Galicia participará nunha mesa redonda na que diferentes grupos de interese analizarán o desenvolvemento da RSE. Nela participarán ademais o Centro de Estudos Europeos, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, Dircom Galicia, e o Instituto Galego de Xestión para o Tercer Sector. A mesa estará moderada por Juan Piñeiro, director do Máster en Xestión y Comunicación da RSE da USC. A xornada contará con dúas mesas de debate máis. Na primeira delas, moderada por Ángel Fernández, director do CERGI, diferentes empresas como Gadisa, Gas Natural Fenosa, Reale Seguros, R Cable e Zeltia analizarán de qué maneira están integrando na súa xestión a RSE e como a están potenciando en Galicia. Na última mesa, moderada por Marta Pastor, socia consultora de AdaptaRSE, Cogami, N-Nova, Sacendi e a Xunta de Galicia dialogarán sobre o impulso da RSE en Galicia. A xornada terá lugar o martes 22 de outubro na Facultade de Dereito da USC en horario de 09:00h a 14:00h.  

Ir o contido