Down Ourense sae á rúa no Día Mundial da Síndrome de Down

Visibilizar, informar e concienciar sobre a realidade das persoas coa síndrome de Down é o obxectivo da mesa informativa situada na rúa do Paseo. Durante toda a xornada, membros desta entidade ofrecer ás persoas da súa contorna a posibilidade de coñecer máis a fondo o seu labor en favor da inclusión social deste colectivo.

Trátase dunha iniciativa enmarcada nos actos de visibilización do Día Mundial da Síndrome de Down, realizados co obxecto de achegar a discapacidade á opinión pública e desterrar os estereotipos e prexuízos que en moitas ocasións lles afectan.

Down Ourense, ao igual que todas as entidades do Movemento Down Galicia, traballa para mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down e promover o exercicio dos seus dereitos, deberes e liberdades fundamentais para o seu desenvolvemento integral como persoas.

.

Ir o contido