Tras seis meses de prácticas profesionais da man do chef Luis Veira, os mozos e mozas de Down Coruña acaban de recibir os seus diplomas acreditativos. A participación neste proxecto supuxo para estas persoas con discapacidade intelectual a oportunidade de recibir capacitación en técnicas de cociña no restaurante Árbore da Vieira. No acto de clausura participaron a tenente de alcalde de Emprego do Concello de A Coruña, Luisa Cid, e o propio chef Luis Veira. Pola súa banda, en nome de todos os seus compañeiros e compañeiras, Laura Pena agradeceu ao Concello a súa implicación no proxecto e a todo o equipo do restaurante “polas súas ensinanzas”. Cabe lembrar que Down Food é un proxecto de formación integrador no que participaron persoas con e sen discapacidade. Ademais da capacitación para a inclusión no mercado laboral, preténdese dotar aos participantes en novos recursos e habilidades persoais en liña cos programas de emancipación e vida independente da Asociación Down Coruña. Por outra banda, tamén se intenta profundar na concienciación á opinión pública sobre a capacidade de integración laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.