Na Federación Down Galicia queremos ser claros
e transparentes contigo.
Por iso, explicámosche de forma sinxela
como usamos os teus datos persoais.
Por que che damos esta información?
Te damos esta información cos obxectivos seguintes:
Tratamos os teus datos de forma segura e seguindo a lei. Ademais,
cumprimos a normativa vixente sobre protección de datos.
En especial, cumprimos o Reglamento General
de Protección de Datos (RGPD).
Recomendámosche ler a nosa política de datos con atención.
Así saberás que facemos cos datos que nos facilites.
Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
O responsable do tratamento dos teus datos
é a Federación Down Galicia.
O noso CIF é G15665144.
Tratamos os datos segundo as normas actuais
de protección de datos.
Nalgúns casos, pode haber outros responsables
do tratamento dos datos.
Se isto ocorre, sempre che diremos quen é o responsable
antes de darlle os teus datos de identificación.
Como protexemos os teus datos?
Na Federación Down Galicia
gardamos os teus datos de forma confidencial.
E tamén os protexemos para evitar
perdas, cambios non autorizados ou accesos indebidos.
Usamos as medidas necesarias para cumprir a lei
e coidar os teus datos.
Entidade delegada para a protección de datos
Para tratar os datos
contamos cun delegado de protección de datos.
A súa función é asegurar que cumprimos a normativa.
O noso delegado de protección de datos é Convence Abogados S.L.
O seu CIF é B27726769
O seu correo electrónico é downgalicia.dpo@convenceabogados.es
Para máis información podes visitar a nosa web www.downgalicia.org. Atoparás todos os detalles
nos apartados de política de privacidade e de aviso legal.
Que datos persoais tratamos?
Tratamos só os datos persoais que son necesarios.
Os datos poden ser os seguintes:
e aos que podemos acceder de forma legal.
Por exemplo, pola firma dun contrato
ou de forma previa a esta firma, ou a tía imaxe.
Sempre te informaremos antes de tratalos.
se existe unha base legal ou o teu consentimento.
sempre co teu consentimento previo.
Como tratamos os datos?
Na Federación Down Galicia
tratamos os teus datos sempre de acordo coa lei.
Usamos medidas técnicas e organizativas para protexelos.
Isto significa que só pode acceder aos datos o persoal autorizado.
Tamén evitamos perdas, erros ou usos indebidos.
Asegurámonos de que os datos sexan correctos e estean seguros.
E melloramos os nosos sistemas de seguridade de forma continua.
Calquera acción con datos persoais
considérase tratamento de datos persoais.
Cal é a base legal para tratar os teus datos?
Tratamos os teus datos persoais nestas situacións:
Como xestionamos as comunicacións electrónicas?
Os nosos correos electrónicos
e mensaxes están dirixidos unicamente
á persoa destinataria,
e poden conter información privada ou confidencial.
Polo tanto, recorda que, se ti non es a persoa destinataria,
non podes usar, copiar nin compartir a mensaxe.
A lei prohibe o seu uso non autorizado.
Comunicacións comerciais
Se no queres recibir información comercial por medios electrónicos podes dicírnolo por correo electrónico.
Debes escribir no asunto do correo electrónico:
“BAIXA COMUNICACIÓNS COMERCIAIS”.
Atenderemos a túa solicitude nun prazo máximo de 1 mes.
Se non recibimos resposta pola túa parte,
entenderemos que aceptas seguir recibindo estas comunicacións.
Canto tempo conservamos os teus datos?
Conservamos os teus datos persoais
mentres non nos pidas que os eliminemos
e exista a relación que orixinou o tratamento.
Tamén os gardaremos durante o tempo que marque a lei.
Cando xa non son necesarios,
os eliminamos de todos os nosos sistemas.
Compártense os datos con outras persoas
ou entidades?
Non cedemos nin compartimos os teus datos persoais,
excepto nas seguintes situacións:
Nestes casos, enviamos só os datos necesarios.
Se nalgún momento necesitamos compartir os teus datos
máis alá destes casos, informarémoste antes,
e pedirémosche o teu consentimento, si é necesario.
Tratamento de datos por parte de empresas colaboradoras
Podemos contratar a asesores, profesionais ou outras empresas.
Estas empresas tratan os datos
seguindo a nosas instrucións.
Non usan os datos para outros fins
nin os comparten con outras persoas.
Todo isto regúlase cun contrato firmado por escrito,
que é un documento que garante o cumprimento da lei.
Cales son os teus dereitos?
A lei de protección de datos recoñece varios dereitos
sobre os teus datos persoais.
Tes dereito ás accións seguintes:
Así podes saber que datos teus temos,
e como os usamos.
ou non son verdadeiros.
para entregalos a outra entidade, se o desexas.
Pódesnos pedir que deixemos de usar os teus datos
ou que borremos os teus datos cando xa non sexan necesarios.
Retirada do consentimento
Podes retirar o teu consentimento de tratamento de datos
en calquera momento.
Isto non afecta aos tratamentos realizados antes.
Para facelo, debes enviar unha solicitude,
e achegar unha copia do teu DNI ou de outro documento
que confirme a túa identidade.
Como podes exercer os teus dereitos?
Se queres máis información sobre os teus datos,
cambiar datos que sexan incorrectos,
opoñerte a un tratamento, limitar o uso dos teus datos
ou pedir que borremos os teus datos,
podes contactar coa Federación Down Galicia
dunha destas formas:
Por correo postal
Por correo electrónico
Que debe incluír a túa solicitude?
A túa solicitude debe incluír a seguinte información:
Quen pode exercer estes dereitos?
Pódelos exercer ti mesmo.
Tamén pode facelo unha persoa autorizada,
como o teu representante legal.
Nese caso, debe presentar un documento que o xustifique.
Dereito a reclamar
Se cres que non respectamos os teus dereitos
podes presentar unha reclamación
ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
Os datos de contacto da AEPD son os seguintes:
Para que usamos os teus datos e por que podemos facelo?
A continuación explicámosche:
Cal é a finalidade do tratamento dos datos?
Usamos os teus datos persoais para distintos fins.
Estes fins dependen do tipo de relación que teñas con nós.
Os datos poden ser tratados por 1 ou varios
responsables do tratamento.
Nos seguintes apartados explicámosche
de forma clara as distintas finalidades do tratamento de datos,
e indicámosche a base legal que permite usalos.
| ACTIVIDADE | FINALIDADE | BASE DE LEXITIMACIÓN | PRAZO DE CONSERVACIÓN |
| Xestión laboral. | Xestións relacionadas co persoal, como a formalización dun contrato laboral, o control de expedientes, a xestión de nóminas, o control horario, a formación, os plans de pensións e a prevención de riscos laborais. | Relación contractual. | 5 anos dende que remata o contrato. |
| Xestión fiscal e contable. | Tratamento necesario para o cumprimento das obrigas fiscais e contables | Relación contractual. Obriga legal. Intereses lexítimos prevalentes | 5 anos dende que remata o contrato. O tempo necesario para responder ás obrigas legais. |
| Xestión de contactos. | Tratamento dos datos para poder manter comunicacións cos interesados. | Relación contractual.Intereses lexítimos prevalentes do responsable ou de terceiros. Consentimento expreso | Ata que o titular cancele a relación ou se opoña. Ata que non sexa necesario usalos. |
| Prevención de riscos laborais. | Cumprimento da lei vixente en materia de prevención de riscos laborais e vixilancia da saúde. | Relación contractual. Obriga legal. | Ata que remate o contrato. O prazo que marca |
| Control laboral. | Control de asistencia dos empregados ao posto de traballo e xestión das vacacións, baixas e outras asistencias. | Relación contractual. Intereses lexítimos prevalentes | Hasta que acabe el contrato.O tempo necesario para responder ás obrigas legais. |
| Xestión de candidatos/as a un posto de traballo. | Selección de persoal, xestión de los currículos, entrevistas persoais e probas de valoración. | Intereses vitais do interesado ou outras persoas.Consentimento del interesado. | Ata que finalice o prazo para o que se solicita cita. |
| Xestión de doantes económicos. | Xestión dos datos dos interesados en realizar unha achega á entidade e control para a súa dedución nas declaracións da Axencia Tributaria. | Relación contractual. Consentimento do interesado. | Ata que o titular cancele a relación ou se opoña.O prazo que marca a lei. |
| Organización de eventos e actividades | Xestión e coordinación de actividades e eventos. Control de asistencia e participantes. | Relación contractual. Consentimento expreso do interesado. | Ata que o titular cancele a relación ou se opoña.O tempo necesario para responder de obrigas legais. |
| Comunicación informativa e notificacións. | Difusión de actividades e notificacións de información da entidade. | Intereses do responsable ou de terceiros.Consentimento do interesado. | Ata que o titular cancele a relación ou se opoña. |
| Xestión de persoas beneficiarias. | Rexistro e xestión das persoas beneficiarias na organización; alta como persoa beneficiaria, cobro de cotas, envíos informativos e outras xestións. | Relación contractual. Consentimento do interesado. | Ata que acabe o contrato.O prazo que marca a lei. O tempo necesario para responder |
| Xestión do expediente de persoa beneficiaria/a. | Xestión de datos para o apoio e a inclusión, a formación, a busca de emprego e a cobertura de necesidades. | Relación contractual. Intereses vitais do interesado Consentimento do interesado. | Ata que o titular cancele a relación ou se opoña.O prazo que marca a lei. O tempo necesario para responder |
| Xestión multimedia. | Tratamento de imaxes e vídeos para difundir e promover as actividades da fundación en medios de comunicación e redes sociais. | Consentimento do interesado. | Ata que o titular cancele a relación ou se opoña.Ata que xa non sexa necesario. |
| Xestión do voluntariado e do alumnado en prácticas. | Xestión dos datos destas persoas. | Relación contractual. Consentimento do interesado. | Ata que o titular cancele a relación ou se opoña. O prazo que marca a lei. |
| Xestión de convocatorias, consellos e citas do órgano directivo. | Xestión da xunta directiva, das persoas e institucións vinculadas á entidade e de outros interesados para xestionar información sobre reunións, e outras tarefas. | Relación contractual. Intereses lexítimos prevalentes Consentimento expreso | Ata que remate o contrato. |
| Xestión de videoconferencias / videochamadas. | Organización, alta de usuarios, realización e gravación de videoconferencias (reunións, webinars, formación, etc.). | Intereses lexítimos prevalentes do responsable ou de terceiros.Consentimento do interesado. | O tempo necesario para responder ás obrigas legais. |
| Xestión de certificados de delitos sexuais. | Consultar se existen antecedentes por delitos sexuais das persoas da entidade que teñan contacto con menores de idade. | Obriga legal. | O tempo necesario para responder obrigas legais. |
Aceptación da política de privacidade
É importante que leas este documento
sobre a política de privacidade,
que entendas como protexemos os teus datos persoais
e que esteas de acordo co uso que lles damos.
Cando usas este sitio web,
aceptas esta política de privacidade.
E aceptas que tratemos os teus datos da forma explicada,
durante o tempo indicado e para as finalidades descritas.
Cambios na política de privacidade
A Federación Down Galicia pode cambiar
esta política de privacidade cando sexa necesario.
Os cambios poden deberse a cambios nas leis,
decisións tomadas polos tribunais
ou indicacións da Axencia Española de Protección de Datos.
Estes cambios non se comunicarán de forma individual.
Publicaranse de forma directa nesta páxina.
Por iso recomendámosche revisar esta páxina de vez en cando.
Así estarás ao día dos cambios ou actualizacións.