Este colectivo profesional recoñece á Fundación Down Compostela polo seu labor para mellorar as condicións e a calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down, procurando a súa plena integración familiar, escolar, social e laboral. La xunta de goberno do Colexio de Avogados concedeu este ano a medalla de ouro a Manuel Hernández e ao secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García. A entrega de medallas realizarase o próximo día 24 de xaneiro, con motivo da festividade de San Raimundo de Peñafort, patrón dos avogados, cun programa de actos que incluirá a tradicional entrega des medallas anuais deste colectivo profesional e aos que asistirán numerosas autoridades locais e autonómicas dos ámbitos xurídico, político e civil. Á marxe das medallas de ouro, o quinto Premio Dereitos Humanos entregarase á Fundación Down Compostela, polo seu labor para mellorar as condicións e a calidade de vida das persoas con este síndrome, procurando o recoñecemento das súas capacidades e a plena inclusión na súa comunidade.