Política Social financiou en 2021 varios programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF

A través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), a Consellería de Política Social financiou en 2021 parte de varios proxectos que Down Galicia leva a cabo en todo o territorio galego, así como tamén das inversións en equipamento e acondicionamento dos centros de traballo da Federación.

Desta forma, as achegas para os distintos proxectos foron as seguintes:

  • Accesibilidade: 20.147,94 €
  • Apoio a familias: 48.325,33 €
  • Apoio e intervención no proceso de envellecemento: 22.080,96 €
  • Apoio psicolóxico: 21.337,49 €
  • Inclusión educativa: 21.040,10 €
  • Sensibilización: 21.783,56 €
  • Estimulación cognitiva: 21.040,10 €
  • Ocio e vida saudable: 44.756,69 €

Grazas a estas achegas, que ascenderon a un total de 220.512,17 €, persoas usuarias das entidades Down de Galicia e as súas familias beneficiáronse durante o ano 2021 das diversas actuacións levadas a cabo ao abeiro destes proxectos.

Así mesmo, a Federación Down Galicia contou cunha achega total de 175.681,79 € para levar a cabo varios proxectos de adquisición de equipamento informático para os seus centros de traballo e varias obras de acondicionamento nas propias entidades membro:

  • Acondicionamento e mellora de recursos materiais: 33.368,15 €
  • Reparación de humidades na sede da Fundación Down Compostela: 45.000 €
  • Ampliación e acondicionamento de local (Down Lugo-Fase III): 50.110,10 €
  • Implantación e renovación de equipamento informático e audiovisual: 47.203,54 €

 

Ir o contido