Política Social e Xuventude financiou en 2023 varios programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF

A través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), a Consellería de Política Social e Xuventude financiou en 2023 parte de varios proxectos que Down Galicia e as súas 7 entidades membro levaron a cabo en todo o territorio galego, así como tamén das inversións en equipamento e acondicionamento dos centros de traballo da Federación e das súas entidades federadas.

Desta forma, as achegas para os distintos proxectos foron as seguintes:

  • Programa de encontros bilaterais de mozos e mozas do movemento Down Galicia – 9.614,49 €
  • Itinerarios de inclusión sociolaboral – 37.721,07 €
  • Ecofriendly 21: itinerario de formación e inclusión sociolaboral – 19.552,65 €
  • Ocio e vida saudable – 38.512,55 €
  • Estimulación cognitiva – 37.133 €
  • Sensibilización – 38.512,55 €
  • Apoio psicolóxico – 38.512,55 €
  • Accesibilidade – 38.512,55 €
  • Apoio e intervención no proceso de envellecemento – 59.838,16 €
  • Inclusión educativa – 38.512,55 €
  • Apoio a familias – 61.907,49 €

Grazas a estas achegas, que ascenderon a un total de 418.329,61 €, persoas usuarias das entidades Down de Galicia e as súas familias beneficiáronse durante o ano pasado das diversas actuacións levadas a cabo ao abeiro destes proxectos.

Así mesmo, a Federación Down Galicia contou cunha achega total de 125.216,52 € para levar a cabo varios proxectos de adquisición de equipamento informático e mellora dos recursos materiais nos seus centros de traballo e varias obras de acondicionamento nas propias entidades membro:

  • Implantación e renovación de equipamento informático e audiovisual – 31.304,13 €
  • Acondicionamento e mellora de centros e vivendas para o servizo de promoción de autonomía persoal – 31.304,13 €
  • Rehabilitación da fachada do centro de servizos S.E.P.A.P. de Down Compostela – 31.304,13 €
  • Obra de adecuación do local do Centro de promoción de autonomía persoal de Down Ourense – 31.304,13 €
Ir o contido