Ir o contido

Punto Virtual de Educación

Down Galicia pon a disposición de toda a comunidade educativa este Punto Virtual de Educación, que ten por finalidade favorecer a inclusión nas aulas e nos centros escolares e mellorar a coordinación e a colaboración dos distintos axentes implicados no proceso educativo.

Este portal web inclúe información, recursos e boas prácticas, facilitando así un medio máis na atención á diversidade presente nas aulas. Deste xeito, estase a promover e a fomentar a participación e a aprendizaxe de todo o alumnado.

Neste Punto Virtual de Educación poderás atopar:

Servizo de Inclusión Educativa

Información sobre o servizo de inclusión educativa das entidades Down de Galicia e sobre os conceptos clave nos que se fundamenta este servizo.

Creación de materiais accesibles

Recursos e información para facer máis accesibles os materiais empregados na aula e exemplos destes.

Preguntas frecuentes

Respostas ás dúbidas que che xera ter un alumno ou alumna coa síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual na túa aula.

Bibliografía e documentación de referencia

Non o penses máis e colabora con Down Galicia para poder seguir co noso labor

Aínda tes dúbidas?

Déixanos que che axudemos a resolvelas!

    Nome e apelidos *
    Entidade / Centro de traballo *
    Localidade Entidade / Centro de traballo *
    Correo electrónico*
    Observacións *