Como facer accesible o material que se elabora?

Unha parte fundamental da intervención educativa está relacionada coa elección, creación e presentación ao noso alumnado dos materiais educativos. Estes materiais serán a súa porta de entrada aos contidos e información que como docentes queremos transmitir, polo que son un elemento fundamental ao que debemos prestar especial atención para que sexan accesibles a todos os alumnos e alumnas.

A continuación ofrecemos unha serie de orientacións relativas á accesibilidade do material educativo, tanto para a súa elección como para a elaboración de recursos propios:

Funcionalidade vs. creatividade

A elección de cores, fondos, tamaño e tipos de letra, e a visibilidade e estruturación do material, tanto en forma como en contido, establecen diferenzas significativas en canto á accesibilidade.

Contraste

Contraste cor/fondo para facilitar a lectura

Pictotradución vs. Pictotranscrición

Pictotradución vs. Pictotranscrición: importancia de eliminar o ruído visual de elementos que non aportan contido clave para a comprensión.

Eliminar elementos distractores: fondos, cores e imaxes que poden actuar como ruído visual desviando a atención da tarefa.

Roda DUA

Variabilidade nos perfís de acceso á información

Na presentación de contidos é imprescindible partir da idea de que non todas as persoas aprendemos igual e, por suposto, non todas as persoas accedemos á información polas mesmas vías. Por este motivo, é imprescindible ofrecer alternativas de audio e vídeo á información que presentamos, textos en lectura facilitada ou Lectura Fácil e apoios visuais que complementen a información presentada (pictogramas, imaxes reais…).

Descubre máis na seguinte ligazón: Roda DUA

Funcións executivas

A accesibilidade aos contidos vese facilitada se ofrecemos opcións que permitan a anticipación, a planificación de tarefas, a organización e a autonomía persoal do alumnado nos materiais que elaboramos. Recursos a ter en conta son as rúbricas, os organizadores gráficos, a secuenciación de actividades, a división de tarefas en actividades máis curtas, etc.

material para o alumnado

É necesario sinalar a importancia de que estes criterios e orientacións son beneficiosos e aplicables a todo o alumnado, e todo o alumnado debe ter a opción de poder elixir a forma en que quere recibir a información. É dicir, non se trata de ofrecer as alternativas ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE), senón de que estean dispoñibles para todo o grupo clase.

Ir o contido