Punto virtual :: Down Galicia

PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
PREGUNTAS FRECUENTES

 

PREGUNTAS FRECUENTES

Que metodoloxías podo empregar para garantir o seguimento do currículo e a participación do alumnado?

O currículo é un elemento eminentemente inflexible, que en moitas ocasións supón en si mesmo unha barreira para o noso alumnado. Neste caso a resposta é simple: a base que nos abrirá as portas ao seguimento do currículo e a participación do alumnado sempre será a accesibilidade, e a ferramenta que garante a accesibilidade universal é o Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA).

O DUA supón un modelo base de intervención educativa que nos aporta orientacións concretas -atendendo aos principios de representación, expresión e compromiso- para permitir que todo o alumnado, sen excepción, poida acceder ao currículo e a participación na aula.

É necesario destacar que o DUA non é unicamente unha metodoloxía; é un marco teórico e práctico que debe sustentar toda práctica docente.
De esta maneira, pódese complementar con outras metodoloxías ou métodos como poden ser Aprendizaxe baseado en proxectos (ABP), Aprendizaxe-Servizo (ApS), Gamificación, Montessori…, pero sempre debe estar presente na base da na intervención educativa.

Por outra banda, a programación multinivel é un recurso útil no acceso e participación dos contidos de aula, xa que propón diferentes formas de abordar os mesmos contidos principais de cada unidade, atendendo á diversidade competencial do alumnado.

 

Propostas para garantir o seguimento do currículo e a participación do alumnado: