Punto virtual :: Down Galicia

PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN

 

“Unha escola para tod@s”

 

 

Down Galicia pon a disposición de toda a comunidade educativa este Punto Virtual de Educación, que ten por finalidade favorecer a inclusión nas aulas e nos centros educativos e mellorar a coordinación e a colaboración dos distintos axentes implicados no proceso educativo.

Este portal web inclúe información, recursos, boas prácticas e metodoloxías educativas adaptadas, facilitando así un recurso máis na atención á diversidade presente nas aulas. Deste xeito, estase a promover e a fomentar a participación e a aprendizaxe do alumnado coa síndrome de Down ou con outras discapacidades intelectuais.