CERMI e EAPN participan na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia

CERMI Galicia (Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade) e EAPN Galicia (Rede Galega de Loita contra a Pobreza), redes das que a Federación Down Galicia forma parte, participaron o pasado 17 de novembro na Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da COVID-19,…

O CERMI reclama que a lei de teletraballo contemple expresamente a “non discriminación” por razón de discapacidade

O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) reclamou que a regulación do traballo a distancia incorpore expresamente a “non discriminación por razón de discapacidade, ausente agora na redacción do proxecto de lei”. Así o puxo de relevo a plataforma representativa da discapacidade en España nun documento de emendas dirixido ás diferentes formacións…

A seroprevalencia por COVID-19 en persoas con discapacidade, en parámetros similares aos da poboación xeral

A seroprevalencia por COVID-19 en persoas con discapacidade atópase en parámetros similares aos da poboación sen discapacidade, segundo os resultados do informe final do estudo nacional de seroepidemiología da infección por SARS-COV-2 en España, presentado hoxe polo Ministerio de Sanidade. A teor destes datos, participaron no estudo 3.309 persoas con discapacidade, un 5 por 100…