Down Vigo renova o seu convenio de colaboración coa Autoridade Portuaria

  A asociación Down Vigo acaba de renovar o seu acordo de colaboración coa Autoridade Portuaria da cidade, organismo que durante o próximos seis meses contratará a Tamara Carballa, participante do servizo de Emprego con Apoio da entidade, para que realice tarefas relacionadas co posto de auxiliar administrativo. O obxecto deste convenio é a realización…

Down Galicia e o grupo empresarial Tesalia asinan un convenio de colaboración para a mellora da capacitación tecnolóxica de persoas usuarias e profesionais do Movemento Down

  A Federación Down Galicia e o grupo empresarial conformado por Emetel Sistemas SLU, Agata Technology S.L. e Tesalia Capital SLU veñen de asinar un convenio de colaboración que ten por obxecto a suma dos seus esforzos para a posta en marcha e desenvolvemento, principalmente, de programas de formación en tecnoloxías, tanto para persoas usuarias…

Down Galicia e a Consellería de Facenda asinan un convenio de colaboración en materia de emprego inclusivo

  Delmiro Prieto González, presidente de Down Galicia, e Miguel Corgos López-Prado, conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre as entidades que representan, mediante o que a Federación asesorará á Consellería durante os futuros procesos de adaptación aos postos de traballo daquelas persoas con…

O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

  A Federación Down Galicia e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración que ten por obxecto a suma dos seus esforzos para a posta en marcha e desenvolvemento de distintas medidas relativas ao avance no proceso de envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome…

O Concello de Agolada contrata un ano máis a un mozo de Down Lugo trala sinatura dun novo convenio coa entidade

  Luis Cristóbal Sarandeses, un mozo coa síndrome de Down veciño de Agolada, volverá traballar este ano no concello da súa localidade trala sinatura dun novo convenio de colaboración entre a administración municipal e a asociación Down Lugo. Este é xa o noveno ano, desde que se asinase o primeiro acordo en 2014, no que…