Down Vigo e a empresa de automoción Magna Seating asinan un convenio de colaboración para facilitar a inclusión laboral do colectivo

O presidente de Down Vigo, José Manuel García Orois, e o director de Recursos Humanos da empresa de automoción Magna Seating Vigo S.A., Luis Cornide, asinaron o pasado venres un convenio de colaboración para facilitar a inclusión laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. A empresa adquire desta forma o compromiso…

O Concello de Santiago financia o programa ‘Isto é vida’ de Down Compostela

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asinou esta mañá os convenios de colaboración para o 2020 coa Fundación Down Compostela, o Colexio de Avogados, Cáritas, Cociña Económica e a Fundación Secretariado Xitano. Estes acordos de colaboración financian diversas actividades realizadas ou a realizar neste ano 2020.…

Down Galicia e Clece alíanse para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

A Federación Down Galicia ven de asinar un convenio de colaboración coa compañía multiservizos Clece S.A. Este convenio, presentado hoxe nun acto en Santiago de Compostela, enmárcase dentro da área de emprego de Down Galicia, que ten por obxectivo fomentar a inclusión no mercado laboral ordinario das persoas usuarias das entidades Down na comunidade. O…

Política Social apoia o proxecto de envellecemento da Federación Down Galicia

A Federación Down Galicia e a Consellería de Política Social veñen de asinar un convenio de colaboración mediante o que a administración autonómica contribúe ao financiamento das actuacións que a Federación desenvolveu durante o ano 2019 no eido do envellecemento activo. Este acordo, que achega a Down Galicia cen mil euros (100.000€), ten por obxectivo…